• Viernes, 19 de abril 2024
  • ABC

COPE

Noticias

CERVO | La asociación Mulleres de San Ciprián revivirá la tradición de ir a lavar al río. La actividad tendrá lugar el 25de mayo

cope.escope.es

Tiempo de lectura: 2'Actualizado 27 may 2017

A asociación Mulleres de San Ciprián ten preparada unha actividade de lembranza que consistirá en revivir a tradición de ir lavar ao río e que terá lugar o 25 de maio. Un evento que levará consigo a recreación do ambiente que se vivía hai unhas décadas cando as mulleres de San Ciprián se xuntaban para ir lavar a roupa  nas beiras do río Covo, concretamente dende o muíño ata a ponte romana. Para iso, todas as persoas participantes reuniranse ás 17:00 horas na praza situada ao carón da Casa da Cultura, que será o punto de encontro, ataviadas cos utensilios propios para lavar como son a táboa, a tina, o xabón ou a roupa. Dende alí sairán camiñando en comitiva, falando e cantando cancións tradicionais, cara a área recreativa situada ao carón da ponte romana. Unha vez alí, procederán a lavar as pezas de roupa e, ao rematar, gozarán dunha merenda de convivencia. Con esta actividade a asociación pretende “lembrar e reivindicar o sacrificio e o duro traballo da muller, destacando o sobreesforzo que implicaban as tarefas do fogar  nunha época na que non existían ou as familias non se podían permitir algo tan habitual hoxe en día como unha lavadora e na que por exemplo, para lavar a roupa, había que saír ao río, en todas as estacións do ano, e lavar a man, peza por peza, nas frías augas do Covo” explica a presidenta da entidade, Amparo Pernas. Mulleres de San Ciprián quere convidar a todas as persoas “homes e mulleres, pequenos e adultos, a revivir de novo esta tradición para coñecer  de primeira man o duro traballo da muller” engade Pernas. Por iso, a presidenta da asociación explica que “para os máis novos pode ser unha actividade moi interesante na que poderán experimentar como era a vida hai unhas décadas”. No seu momento a asociación informará da apertura do prazo para poder inscribirse nesta actividade.   

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo 2

Directo Tiempo de Juego

Tiempo de Juego

Con Paco González, Manolo Lama y Juanma Castaño

Escuchar