• Sábado, 20 de abril 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Foz |

Castiñeira solicitó ayuda en Cultura para comprar los terrenos del Castro de Lelle

El alcalde focense, Javier Castiñeira, se ha reunido con el director general de Bellas Artes, Jesús Prieto de Pedro, para solicitar ayuda del Ministerio de Cutura para comprat los terrenos del Castro de Lelle. El regidor ha salido satisfecho de la reunión donde ha explicado al director de Bellas Artes la peculiaridad de dicho castro.

cope.escope.es

Tiempo de lectura: 1'Actualizado 27 may 2017

Despois da reunión, na que participou tamén o senador lucense José Manuel Barreiro, o rexedor municipal focense amosouse “moi satisfeito desta visita ao Ministerio de Cultura, concretamente á Dirección General de Bellas Artes y Bienes Culturales, porque puiden explicarlle ao director general, don Jesús Prieto, a peculiaridade deste xacemento arqueolóxico que é o castro de As Engrobias ou de Lelle, en San Martiño. Coa interlocución do portavoz do Partido Popular no Senado, don José Manuel Barreiro, foi moito máis fácil”. Castiñeira explicou que trasladou ao Ministerio de Cultura “o interese, tanto no campo do patrimonio histórico como no aspecto turístico, deste xacemento do século II, que está moi cerca da catedral basílica de San Martiño de Mondoñedo, do século IX, e dentro da ruta Pardo de Cela”. O alcalde anunciou que “o compromiso por parte do director general é estudar con moito cariño este asunto, posto que o interese é evidente tamén para o Ministerio de Cultura e estamos buscando a forma de lograr que a propia Dirección General de Bellas Artes y Bienes Culturales poida participar no financiamento da protección deste xacemento xunto co propio Concello e con outras administracións. Todos desexamos que isto supoña o principio para conseguir a protección total desta zona duns 15.000 metros cadrados, que está en mans privadas, e o primeiro obxectivo é a compra dos terreos para o Concello de Foz. A partir de aí a posta en valor correspondería a outras administracións e neste empeño está o Concello de Foz e tamén a Dirección Xeral de Patrimonio, da Xunta”. “Saín con moi boas sensacións da reunión e espero que pronto teñamos boas noticias e consigamos os medios suficientes para que o Concello de Foz sexa o propietario deste xacemento en datas próximas”, rematou Javier Castiñeira.  

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo

Tiempo de Juego

Con Paco González, Manolo Lama y Juanma Castaño

Reproducir
Directo Tiempo de Juego

Tiempo de Juego

Con Paco González, Manolo Lama y Juanma Castaño

Escuchar