• Viernes, 29 de marzo 2024
  • ABC

COPE

Noticias

BURELA | Niños y niñas de Burela disfrutarán de un ciclo de cine infantil durante la Semana Santa, "Educando en valores" y tiene como objetivo fomentar actitudes y valores como la solidaridad mundial, la paz, la tolerancia, la justicia social o la defensa

cope.escope.es

Tiempo de lectura: 1'Actualizado 27 may 2017

O Programa de Atención ao Inmigrante e o Programa de Educación Familiar da Delegación de Igualdade do Concello de Burela en colaboración co Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade realizará unha actividade dirixida ao público infantil durante a vindeira Semana Santa. A concelleira Diana Durán indicou que “aproveitando as vacacións escolares de Semana Santa, os días 25, 26 e 27 de marzo e tamén o 1 de abril vaise proxectar na Casa da Cultura un ciclo de cine infantil titulado Educando en Valores, posto que consideramos que é fundamental que as nenas e nenos perciban as interrelacións que hai entre as diferentes partes do mundo. A educación para o desenvolvemento é un proceso que fomenta actitudes e valores como a solidariedade mundial, a paz, a tolerancia, a xustiza social e a defensa do medio ambiente. Ademais, trátase de dotar ás nenas e nenos dos coñecementos que lles permitan promover eses valores e xerar cambios nas propias vidas e no seu entorno”. Por todo isto, os días sinalados a partires das 17:30 horas vanse proxectar na Casa da Cultura as seguintes películas, “coas que pretendemos traballar os valores en idades temperás”, engadiu a edil popular. O luns, 25 de marzo, os nenos e nenas poderán ver Azur e Asmar. O 26 de marzo a película que se proxectará será Kirikú e as bestas salvaxes. O 27 de marzo, mércores, será o momento de disfrutar con James e o melocotón xigante e o 1 de abril proxectarase Happy Feet.

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo

Directo La Noche Luminosa

La Noche Luminosa

Con Faustino Catalina

Escuchar