• Martes, 23 de abril 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Fútbol Sala Femenino

El Burela FSF recibirá la medalla de oro del ayuntamiento

Será en un acto previsto para el viernes 6 de junio, a las 21:00 horas en la Casa de Cultura, donde el alcalde, José María González Barcia impondrá la medalla al equipo femenino del Burela FS, tal y como han acordado en el pleno del 30 de mayo de 2013. Esperan que la afición acuda a rendir el merecido homenaje al equipo en un acto que será sobrio, sencillo y solemne. Los socialistas no tienen claro por que temporada se le va a entregar tal insignia al equipo, por la 2012/13 donde se han conseguido el doblete o por la 2013/14 que han conseguido la Copa Xunta, la segunda plaza en la liga y la copa está por jugarse. Preguntan desde el PSOE por el reconocimiento al equipo de baloncesto femenino que fue campeón de liga y asciende de categoría

cope.escope.es

Tiempo de lectura: 3'Actualizado 09 may 2017

En palabras do alcalde, José Mª González Barcia, será “un acto sobrio, sinxelo e solemne, contaremos cunha actuación do grupo de cordas da Escola Municipal de Música de Burela e procederase á proxección dun vídeo sobre os logros do Burela FS Feminino. Tamén se dará lectura a acordo plenario de 30 de maio de 2013 e imporase a medalla de ouro do Concello burelés ao clube na persoa do seu presidente” O rexedor explicou que “a demora na imposición da medalla debeuse a cuestións de tipo técnico e de carácter administrativo. Ademais buscamos unha data que lle permitise ao equipo estar presente, unha data que encaixe para que os/as afeccionados/as acudan masivamente a este acto e unha data que teña repercusión deportiva. E esa fin de semana, a do 6 de xuño dispútase en Burela a Copa de España de fútbol sala feminino, que organiza a Federación Nacional de Fútbol Sala e coa que colaboran tanto o Burela FS coma o noso Concello”. González Barcia enumerou os motivos polos que se lle concede ao Burela FSF a medalla de ouro: “os motivos son de sobra coñecidos para todos. O Burela FSF acadou na tempada 2012/13 o título de campión de liga da división de honra do fútbol sala feminino e tamén a Copa de España, sendo xunto co Liceo de hockey da Coruña, o único equipo galego que consegue o doblete na mesma tempada. O Burela FS contribúe de forma determinante á promoción do deporte de base e tamén promociona o nome de Burela pola xeografía española adiante Todos estes son motivos máis que suficientes para que o Concello lle conceda e lle entregue a súa medalla de ouro”. O alcalde burelés agarda que “as rapazas do Burela FSF a Copa de España, que van xogar a vindeira fin de semana”. E convida “a toda a afección a asistir ao acto que terá lugar o 6 de xuño na Casa da Cultura. Terá unha duración duns 35 minutos e será sobrio, sinxelo e solemne, como se merece a concesión da medalla de ouro do Concello ao Burela FSF”. O Burela FSF será o terceiro en recibir esta distinción, que tamén lles foi outorgada no seu día a Xosé Cuiña Crespo, coma conselleiro de Política Territorial da Xunta, e a Francisco Cacharro Pardo, coma presidente da Deputación de Lugo. Reaccións socialistas Non nos parece moi serio que non se fose capaz de atopar unha fecha en todo un ano de facer entrega e recoñecer aquela proeza feita por estas xogadoras, e non sabemos se esta anunciada entrega se corresponde con ese “doblete” conseguido fai un ano, ou si se vai aproveitar a ocasión para premiar tamén ó equipo desta tempada que xa conseguiu a Copa Xunta de Galicia, veñen de quedar subcampeoas de Liga e poden conseguir a Copa da España que se disputará en Burela en próximas datas. A deixadez, a desidia e inoperancia deste equipo de “desgoberno” queda patente unha vez máis con feitos coma estes, un ano para poder facer un recoñecemento máis que merecido ás deportistas de Burela. Dende o PSdeG-PSOE de Burela temos que poñer de manifesto, unha vez máis, o pasotismo deste equipo de “desgoberno”. A parálise na que está sumido o Concello é alarmante, un alcalde ausente xa que reside en Lugo e unha Concelleira de Deportes que nin está nin se espera, da como resultado esta serie de despropósitos. Despropósitos que chegan ó punto nin de facerlles o recoñecemento que merecerían, por exemplo, as rapazas do Club Baloncesto Burela que quedaron campeoas na súa categoría, e que dende o Concello non se tivo nin un só xesto de recoñecemento con elas.

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo 2

Directo Herrera en COPE

Herrera en COPE

Con Carlos Herrera

Escuchar