• Jueves, 28 de marzo 2024
  • ABC

COPE

Noticias

BURELA | Ayuntamiento y Asociaciones programan unos carnavales con más premio y verbena

cope.escope.es

Tiempo de lectura: 2'Actualizado 27 may 2017

O Concello de Burela e diversas asociacións socioculturais veñen de pechar o programa do entroido da localidade para o presente ano 2013, tras a constitución dunha comisión a proposta do propio Concello, comisión que comezou a funcionar xusto ao remate das festas de nadal. O programa foi presentado a mediodía de hoxe nas dependencias municipais por representantes das asociacións incluídas na comisión, que á súa vez representan a todos os colectivos de cada un dos sectores, xunto coa concelleira de Cultura, Mónica Pedre Otero, e o alcalde, José María González Barcia. Segundo a concelleira de Cultura, “a novidade con respecto ao ano pasado é o aumento dos premios, xa que se inclúen os premios por parellas, tanto infantís como adultos, e tamén se inclúen terceiros premios donados por ACIA para todas e cada unha das categorías”. Mónica Pedre indicou que “o importe total dos premios en metálico ascende a dous mil euros, cincocentos máis que o ano pasado. A iso hai que sumar o valor dos vales de ACIA”. O programa tamén inclúe outras novidades. Segundo a concelleira de Cultura, “a propia comisión organizadora decidiu por unanimidade suprimir do programa o enterro da sardiña, porque a participación o ano pasado foi moi escasa e cun custo económico importante, que se puido paliar en parte grazas á colaboración desinteresada de varios establecementos comerciais. Pero, pola contra, e para que o Martes de Entroido teña suficiente atractivo, incluímos unha verbena a cargo dunha orquestra”. Pola súa parte, o alcalde, José María González Barcia, manifestou que “un ano máis, hai que destacar e agradecer a colaboración, participación e aportación dos colectivos socioculturais que temos no noso termo municipal, xa que sen eles seguramente non fose posible organizar o entroido”. González Barcia remarcou que “a intención do Concello é darlle continuidade á comisión que se constituíu para organizar o entroido do presente ano. Non podemos facer para o vindeiro ano o que fixemos este ano, empezar a organizar o entroido un mes antes, porque se corre o risco de que as cousas non saian como un quere. Por iso, cando remate o entroido deste ano, será hora de facer autocrítica e comezar a preparar o de 2014.”

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo 2

Directo Herrera en COPE

Herrera en COPE

Con Carlos Herrera

Escuchar
Directo Ecclesia al día

Ecclesia al día

Con Álvaro de Juana

Ver TRECE