• Viernes, 26 de abril 2024
  • ABC

COPE

Noticias

BURELA | El aula CeMIT acogerá dos cursos de informática dirigidos a personas con conocimiento básico de Internet, comenzarán el lunes 6 de mayo.

cope.escope.es

Tiempo de lectura: 1'Actualizado 26 may 2017

A Aula da Rede de Centros para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica da Xunta de Galicia, Rede CeMIT, acollerá dous novos curso de informática impartidos polo Concello de Burela.

O vindeiro luns, 6 de maio, iniciaranse dous cursos sobre Correo electrónico na Aula CeMIT de Burela. Con esta actividade ensinaráselle aos asistentes a crear unha conta de correo electrónico para así poder enviar e recibir correo a través do ordenador. Este curso está dirixido a persoas con coñecementos básicos de internet.

O primeiro deles será impartido en horario de 11:00 a 12:30 horas e rematará o 13 deste mesmo mes. O segundo dos cursos será impartido en horario de 16:00 a 17:30 horas e rematará o día 14 de maio.

Desde a Aula CeMIT lémbranlles aos usuarios que poderán facer uso libre dos equipos e da internet da aula en horario de mañá de 13:00 a 14:00 horas e en horario de tarde de 18:30 a 20:00 horas.

Para inscribirse ou para solicitar máis información sobre as actividades que alí se realizan os interesados poden dirixirse á Aula CeMIT de Burela sita na Casa da Xuventude – Rúa do Cancelo 1, a través da páxina web https://cemit.xunta.es/, ou enviar un correo electrónico ao enderezo: cemit.burela@xunta.es

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo

Directo El Partidazo de COPE

El Partidazo de COPE

Con Juanma Castaño

Escuchar