• Jueves, 25 de abril 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Burela | El alcalde, José María González Barcia, convocó la junta de portavoces para el lunes 17 de junio a las 10:00 de la mañana, con el objetivo de analizar la sentencia que puede implicar que parte del patrimonio cultural salga del Museo Provincial. E

cope.escope.es

Tiempo de lectura: 2'Actualizado 26 may 2017

O rexedor explicou que “despois de ter coñecemento da sentencia do Tribunal Supremo que lle da razón á familia Gil Varela e que parte do patrimonio cultural pode saír do Museo Provincial a non sabemos onde, e tendo en conta que desde a Deputación de Lugo non se adoptou ningún tipo de medida e non se sabe o que están a facer, eu convoquei unha reunión da xunta de portavoces para o vindeiro luns, 17 de xuño, ás 10 tamén á tamén á concelleira delegada de Cultura para abordar esta cuestión. A peza más emblemática da colección Gil Varela e de todo o Museo Provincial de Lugo é o torques de Burela”. González Barcia subliñou que “o torques é un icono, é un emblema para Burela en sí, pero tamén é o emblema do Museo Provincial. O que non podemos permitir é que torques poida saír desas instalacións e non sabemos cara onde”. O alcalde burelés dixo que “é intención do Concello e do meu partido transmitirlle todo o apoio ao presidente da Deputación de Lugo e pedirlle que lidere e que asuma este asunto como propio. Estamos diante dun asunto extremadamente preocupante pola transcendencia que ten a nivel cultural, el ten que coller o toro polos cornos, porque aquí non estamos diante dunha parcela de poder del BNG ou diante dunha parcela de poder do PSOE, isto é patrimonio de todos os lucenses e polo tanto o presidente ten que liderar este asunto”. O rexedor adiantou que “a proposta que lle vou facer á xunta de portavoces é esa: amosar o apoio absoluto a toda xestión que faga o presidente da Deputación de Lugo tendente a conseguir que o patrimonio cultural de todos os lucenses, neste caso no que se refire ao torques de Burela, se quede no Museo Provincial de Lugo, que é onde ten que estar para que todos os lucenses poidan contemplalo. E tamén lle pedimos que se poña a traballar canto antes e que teña informados aos grupos políticos na Deputación de Lugo. É probable que se poida plantexar algún tipo de acordo na xunta de portavoces que imos ter o luns, pero isto haberá que falalo alí”.

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo 2

Directo Mediodía COPE

Mediodía COPE

Pilar García Muñiz

Escuchar
Directo TRECE Al Mediodía

TRECE Al Mediodía

Con Marco Chiazza y Lucía Crespo

Ver TRECE