• Jueves, 25 de abril 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Ribadeo |

El BNG preocupado por las cotas lácteas mientras Xunta y Gobierno Central miran de salvar la banca privada

La crisis y el modelo europeo ahogan al sector agro-ganadero gallego mientras los gobiernos de la Xunta y del Estado miran únicamente de salvar la banca privada. Responsables del BNG y el alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez, han llevado a cabo un reparto de folletos informativos en el mercado de la villa, dentro de la campaña puesta en marcha poor los nacionalistas bajo el lema “Non é unha crise, é un roubo”

cope.escope.es

Tiempo de lectura: 2'Actualizado 26 may 2017

No mercado ribadense, os nacionalistas trasladaron a súa análise da actual situación pola que está a atravesar a maioría da sociedade e como as medidas dos gobernos, tanto do Estado como da Xunta, non fan máis que afondar no empobrecemento da poboación fronte aos continuos salvavidas que lle facilitan á banca en forma de inxeccións de diñeiro público. SUÁREZ AFIRMOU QUE A PESAR DA FALTA DE APOIOS O SECTOR AGRARIO E GANDEIRO SEGUE A SER PUNTEIRO NA ECONOMÍA DE RIBADEO E A OUTROS PUNTOS DA COMARCA. Entre outros, participaron no reparto informativo o Responsábel local da formación nacionalista, o Vice-responsábel comarcal, Xoán Antón Estúa e o alcalde nacionalista de Ribadeo, Fernando Suárez, quen incidiu na “notoria desigualdade que se pode observar, por exemplo, entre a atención e o tratamento que os gobernos estatal e galego outorgan á banca en contraposición ao que lle prestan a sectores produtivos como o agro-gandeiro. Mentras á banca privada  permíteselle todo e premiase con continuas inxecccións de diñeiro público, deíxase morrer de inanición ao sector agrario e gandeiro. Un sector que, aínda a día de hoxe e a pesares das dificultades coas que se atopa todos os días, segue a ser un sector punteiro no noso país e que xenera unha importante actividade económica por exemplo en Ribadeo e noutros puntos da nosa comarca.” A REFORMA DA POLITICA AGRARIA COMÚN A PIQUES DE ENTRAR EN VIGOR AFONDA NA CRISE DUN SECTOR GANDEIRO ESENCIAL PARA A ECONOMÍA DE GALIZA No mesmo sentido se manifestou o vice-responsábel comarcal, Xoán Antón Estúa, apuntando que “o que se bota en falta é que o Partido Popular amose a mesma contundencia e tenacidade que mostra cando se trata de salvar á banca cando do que se trata é de defender posicións que poden salvar ou, cando menos, non agudizar os problemas do sector agrario e gandeiro”. Nese sentido, Estúa non dubidou en calificar de “traición ás gandeiras e gandeiros galegos” a postura mantida polos europarlamentarios españois no debate da PAC a respecto das modificacións que se introducen, por exemplo, coa desaparición das cotas lácteas. O responsábel nacionalista explicou que “mentras o BNG defende que, para a desaparición das cotas lácteas, se cree un fondo de compensación que permita paliar os efectos que esta medida terá nas gandeirías galegas; o resto de parlamentarios españois néganse a crear este fondo, desoíndo as peticións do sector e aprofundando aínda máis os problemas do mesmo.” O PARTIDO POPULAR FAI OÍDOS XORDOS Á HORA DE DEFENDER UN PREZO XUSTO PARA O LEITE Igualmente, denunciaron “a falla de compromiso que amosa o Partido Popular cando se trata de defender un prezo xusto para o leite e sinalaron que  desde a Xunta de Galiza nada se ten feito por garantir esta cuestión fundamental para o sector agrario galego, xa que se trata de garantir o dereito a poder vivir dignamente do propio traballo.” Neste sentido, os nacionalistas insisten en calificar a actual situación económica como “un auténtico roubo, un saqueo ao pobo para salvar a banca e o grande capital” e animan á cidadanía a tomar conciencia a participar das mobilizacións que poida haber para demandar un cambio radical nas políticas que se están a levar a cabo.  

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo

La Tarde

Pilar Cisneros y Fernando de Haro.

Reproducir
Directo La Tarde

La Tarde

Pilar Cisneros y Fernando de Haro.

Escuchar