• Jueves, 25 de abril 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Xove | Relacionada con la Operación Rei

El BNG preguntará en el pleno por la documentación solicitada por la Policía Judicial

Los nacionalistas han pedido información formal por escrito sobre el arreglo de la Calle Apeadeiro, el coste del calendario 2013 editado por el ayuntamiento y la investigación del gobierno de Xove dentro del trama de adjudicación de obras a dedo.

cope.escope.es

Tiempo de lectura: 1'Actualizado 26 may 2017

O voceiro municipal do grupo nacionalista en Xove interrogou o goberno local coa finalidade de saber se as novas obras de acondicionamento da rúa Apeadeiro se están realizando a costa do Concello ou se a súa execución corre a cargo dalgún tipo de garantía subscrita coa empresa adxudicataria da obra. Marco López lembrou que esta vía estase a reparar por terceira vez a pesar de que foi arranxada na súa totalidade durante a pasada lexislatura. O BNG tamén quere coñecer o custo da edición, maquetación, impresión e distribución do Calendario 2013 “a toda cor” que repartiu o executivo xovense entre a veciñanza. Unha práctica que Marco López entende que non corresponde aos poderes públicos, dado que é habitual que os estabelecementos comerciais repartan almanaques con publicidade entre a súa clientela. Asemade, o voceiro nacionalista declarou que “non se trata dun servizo indispensable a prestar pola Administración, senón máis ben dun gasto prescindible”. Por último, desde o Bloque amosaron o seu malestar polo feito de que Xove sexa un dos concellos mariñaos que figuran afectados pola investigación da «Operación Rei» que se tramita no Xulgado de Instrución núm. 3 de Lugo. Por esta razón, Marco López interesouse polas pescudas que a Fiscalía luguesa está a realizar e, en concreto, se a Policía Xudicial solicitou algún tipo de documento nas oficinas da Casa do Concello.  

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo 2

Directo Mediodía COPE

Mediodía COPE

Pilar García Muñiz

Escuchar
Directo Deportes COPE

Deportes COPE

Con José Luis Corrochano

Escuchar