• Viernes, 19 de abril 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Mariña |

El BNG alerta sobre la pérdida del juzgado en Mondoñedo "supondrá la muerte económica del municipio"

La Ejecutiva Comarcal del BNG ha analizado las consecuencias por la continua pérdida de servicios que están a sufrir los mariñanos. Una de las prioridades del BNG es la defensa de los erechos de los vecinos de lo rural, frente al desmantelamiento de los servicios públicos que están a llevar a cabo desde el PP “el Gobierno del Estado y la Xunta de Galicia dan la espalda a poblaciones como Mondoñedo, con suficientes potenciales para reactivar su economía”

cope.escope.es

Tiempo de lectura: 2'Actualizado 26 may 2017

A Executiva Comarcal do Bloque Nacionalista Galego reuniuse coa Asamblea Local do BNG de Mondoñedo para analizar, entre outras cuestións, a continua perda de servizos que está a sufir a comarca da Mariña e da que “a localidade de Mondoñedo é un exemplo práctico, xa que pode chegar a sufrir a perda do Partido Xudicial e o feche do seu Xulgado se se implanta modificación da Lei de Plantas que se propón dende o Goberno de Estado, o que suporía a morte económica do concello” – puntualizou a responsábel comarcal, Ana Ermida. “Esta medida vén a sumarse á perda e ao alonxamento dos servizos públicos da cidadanía que xa se vén sufrindo en materias como Sanidade, coa posta en funcionamento da Xerencia Única Hospitalaria, deixando con menos competencias ao Hospital da Costa, ou Facenda, restándolle atribucións á Xerencia Tributaria de Foz, algo que se culminará coa pretendida modificación da Lei de Bases do Réxime Local que condenará a desaparición da maior parte dos concellos do rural”, explicou Ermida. Desde o BNG denuncian que estas medidas recentralizadoras non só provocarán o alonxamento da Xustiza do pobo e contribuirán a colapsar unha administración que xa está desbordada, senón que conlevarán un impacto incuantificable para a economía local, que xa vén sufrindo tremendos ataques de perda de emprego, consecuencia das medidas de recorte e austeriade que veñen implantando os populares desde o Goberno de Estado e a Xunta de Galiza. Neste senso, Ermida incidiu en que “o que vilas como Mondoñedo precisan é plans especiais de reactivación económica. Mondoñedo é unha das vilas do norte lucense que máis  está a sufrir as consecuencia da crise que provocou o feche de empresa emblemáticas, como, por exemplo, Aglomerados Ecar, a pesar de que ten potencialidades suficientes, como no eido forestal, para reactivar a súa economía, o cal non é posíbel porque non conta coa axuda e compromiso da Xunta e o Estado.” “Estamos ante un modelo de Estado recentralizador no que o que se fai é alonxar os servizos da poboación, algo que dende o BNG non apoiamos e que  trataremos que non se leve adiante porque isto sería o golpe de gracia para acabar coa maioría de concellos rurais, como é o caso de Mondoñedo”, concluíu a responsábel comarcal.

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo

Directo El Partidazo de COPE

El Partidazo de COPE

Con Juanma Castaño

Escuchar