• Viernes, 19 de abril 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Foz | Uno en torno al 24 de febrero, declaerado Día de Rosalía en el ayuntamiento

El BNG acusa al gobierno municipal de "incumplir" los acuerdos plenarios

El portavoz nacionalista, Xan Carlos González Basanta, denuncia el incumplimiento del acuerdo tomado el 23 de febrero del 2012 en torno a la figura de Rosalía de Castro y dice “Es una falta de respecto a nuestra historia, a nuestra literatura y a la democracia municipal por parte del PP”

cope.escope.es

Tiempo de lectura: 2'Actualizado 27 may 2017

Os acordos, tomados cos votos de todos os partidos políticos da Corporación, foron os de declarar o 24 de febreiro Día de Rosalía no noso concello, emprender e apoiar a realización de actividades de promoción da obra da nosa escritora que impliquen ao conxunto dos veciños e veciñas do noso concello o 24 de febreiro e realizar unha lectura pública da obra rosaliana nun lugar destacado do concello na que o alumnado dos centros escolares, veciños, veciñas e persoas destacadas pola súa actividade cultural teñan o papel protagonista. O BNG ten que denunciar que durante o día de onte non se fixera ningún tipo de acto por parte do Concello para espallar a figura da nosa escritora máis universal. Mesmo este día é unha data recollida oficialmente pola Consellaría de Cultura da Xunta de Galiza no seu Calendario do Libro e da Lectura polo en moitos concellos de Galiza se fixeron lecturas públicas da súa obra. Para o portavoz municipal, Xan Carlos González Basanta “a desidia do Goberno Municipal por Rosalía demostra unha falta de respecto pola nosa lingua, pola nosa historia, pola nosa literatura e pola democracia municipal” Para o BNG, Rosalía de Castro é a escritora máis representativa da lingua e da literatura galegas. A publicación do seu libro Cantares Gallegos, o primeiro escrito integramente no noso idioma, desde a vontade firme e inequívoca do seu significado, sinala o inicio da restauración do uso escrito do noso idioma e o final de séculos de silencio e esquecemento. Por estes motivos, a difusión do coñecemento da súa obra é necesaria para as galegas e os galegos, en especial para as xeracións máis novas, para fomentar neles o amor á nosa lingua e comprender a nosa identidade cultural. Lamentamos, unha vez máis, que o Día de Rosalía pasara sen pena nin gloria no noso concello pola falta de vontade do grupo de goberno por cumprir cos acordos plenarios e conmemorar o día 24 de febreiro. O BNG insta ao Goberno Municipal a facer algunha referencia na páxina web do Concello así como algún acto sobre a figura de Rosalía nesta ou en próximas semanas, aínda que estean fóra de data, actos como a lectura pública da súa obra onde participen o maior número de persoas, asociacións e centros de ensino posibles.

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo 2

Directo La Linterna de la Iglesia

La Linterna de la Iglesia

Irene Pozo

Escuchar
Directo Tiempo de Juego

Tiempo de Juego

Con Paco González, Manolo Lama y Juanma Castaño

Escuchar