• Viernes, 26 de abril 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Ribadeo |

El ayuntamiento va a seguir con el envio de requerimientos a los propietarios de inmuebles con riesgo para la población

Según Fernando Suárez, alcalde de Ribadeo, el objetivo para por garantizar que la localidad sea un lugar atractivo “sin ruinas indecentes en zonas muy concurridas por la población en general”. De esta forma se ha referido a una casa situada en la Calle Villafranca del Bierzo, de la que se han desprendido varios cascotes en los últimos días.

cope.escope.es

Tiempo de lectura: 2'Actualizado 27 may 2017

O rexedor aludiu “a esta carta que varios propietarios dun inmoble do casco vello, que foi requirido en numerosas ocasións polo Concello para que fixeran operacións de mellora da súa estética e seguridade pública e que dalgunha maneira eles veñen a dicir publicamente do innecesario que é que dende o Concello fagamos estas cousas. Quérome reafirmar unha vez máis, para eles en particular e para todos os propietarios de inmobles en xeral: dende o Concello de Ribadeo non temos por capricho, nin por norma nin por deporte meternos cos propietarios de vivendas”. Suárez Barcia reiterou que “simplemente aquelas que non cumpran os requisitos de seguridade pública, salubridade e ornato son requiridas en primeiro lugar con absoluta elegancia e educación para que fagan as reparacións oportunas. Pero se, como é este caso e hai outros moitos, desatenden sistematicamente os requirimentos dende o Concello acabamos poñendo multas coercitivas, sancións ou outros elementos que soan un pouco máis duros pero que son necesarios, porque precisamente cando agora temos estes temporais é cando se veñen as cornixas abaixo, se desprenden os caneiros, as lousas van á vía pública e poden ocasionar prexuízos para os viandantes e para os cidadáns en xeral”. O alcalde ribadense engadiu que “polo tanto dende o Concello para nada perseguimos a ninguén. Neste caso hai máis dun ano iniciamos os requirimentos para que aseguraran unha serie de elementos e despois de moitos meses aínda a día de hoxe non o chegaron a facer. Si é certo que estes propietarios concretamente pediron licenza de obra para unha parte concreta, pero non para aquelas outras que xustifican o perigo, como é a cornixa e outros elementos que a día de hoxe seguen sen arranxar. Por isto están requiridos, agora dunha maneira moito máis seria e perigosa no caso de non a atender”. Fernando Suárez subliñou que “dende o Concello, tanto no casco vello como no resto do termo municipal, seguiremos actuando para garantir a seguridade pública dos viandantes e para garantir tamén que Ribadeo sexa un lugar atractivo e no que non haxa ruínas indecentes en zonas que son moi concorridas pola poboación en xeral”.  

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo

Directo El Partidazo de COPE

El Partidazo de COPE

Con Juanma Castaño

Escuchar