• Miércoles, 24 de abril 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Cervo |

El Ayuntamiento mejora los pasos elevados en San Ciprián

Los dos primeros son los situados al lado del Centro de Salud y del Instituto. Los trabajos los ejecuta la Diputación Provincial. Alfonso Villares, alcalde de Cervo, señaló “el objetivo es velar por la seguridad de los peatones”

cope.escope.es

Tiempo de lectura: 1'Actualizado 10 abr 2017

O rexedor explicou que “hoxe empezaron uns traballos que se están a executar na estrada que é titularidade da Deputación Provincial e que pasa fronte ao centro de saúde de San Ciprián e polo instituto de San Ciprián. Estes traballos estaos a executar a Deputación e consisten na instalación dunhas proteccións peonís”. Alfonso Villares dixo que “previamente os traballos que se van facer son eliminar un paso elevado de peóns, que existe na actualidade. É de formigón, está algo agretado e produce unha serie de vibracións. E tamén fronte ao instituto hai unhas bandas redutoras e a maior parte delas atópanse arrincadas e polo tanto non producen o efecto para o que estaban instaladas”. O alcalde de Cervo contou que “no seu lugar, preto do centro de saúde e do instituto de San Ciprián, vanse instalar dous pasos elevados de peóns de aglomerado asfáltico, a diferenza dos que había na actualidade”. Villares Bermúdez considera que “son actuacións polas que temos que mirar, porque tentan reducir a velocidade dos vehículos en tramos urbanos  e sobre todo para velar pola seguridade dos peóns. En San Ciprián xa temos instalado, desde hai anos, varios pasos elevados e durante este ano imos acometer o cambio de bastantes deles. Comezamos esta semana, grazas á colaboración da Deputación Provincial, colocando estes dous, sempre para velar pola seguridade dos peóns que transitan polas nosas estradas”.

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo 2

Directo Mediodía COPE

Mediodía COPE

Pilar García Muñiz

Escuchar
Directo TRECE Al Mediodía

TRECE Al Mediodía

Con Marco Chiazza y Lucía Crespo

Ver TRECE