• Viernes, 19 de abril 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Cervo |

El Ayuntamiento cervense es el primero de la Mariña en ofrecer nuevos trámites con Tráfico en las oficinas municipales

El alcalde de Cervo, Alfonso Villares, y la Jefa Provincial de Trafico, Paula Yubero, firmaron un convenio de colaboración  para facilitar y hacer más accesibles algunos trámites que los ciudadanos tienen que realizar con el departamento de Tráfico. De esta forma los vecinos no tendrán que desplazarse a Lugo para cambiaer el domicilio en el permiso de circulación y de conducción

cope.escope.es

Tiempo de lectura: 1'Actualizado 26 may 2017

En concreto, a través deste convenio faise posible que os cervenses poidan realizar nas oficinas municipais o cambio de domicilio nos permisos de circulación e de condución. Unha xestión que ata o de agora tiñan que facer nas dependencias da Xefatura Provincial de Tráfico situada en Lugo. Deste xeito, xa non será necesario desprazarse ata a capital da provincia para efectuar estas xestións e será tan sinxelo como achegarse ata a Oficina Municipal do Padrón situada na Casa do Concello. Cervo é o primeiro concello da Mariña e o cuarto da provincia de Lugo en adherirse a este convenio impulsado pola Xefatura Central de Tráfico e a Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP) para facilitar e axilizar estes trámites. O rexedor destacou a importancia desta iniciativa como “unha medida para achegar a administración aos cidadáns, que toma especial relevancia no caso de municipios como o noso tendo en conta a distancia que existe ata Lugo”. Villares asegura tamén que esta medida beneficia á propia administración e ao seu funcionamento interno xa que a través do novo sistema “será máis doado e rápido manter actualizadas as bases de datos”. Cabe lembrar que este servizo estará activo a partir do luns tanto para aquelas persoas que se vaian empadroar en Cervo como para aquelas que xa están empadroadas pero que aínda non efectuaron o cambio de domicilio dos permisos de circulación e condución. É destacable tamén que Tráfico ten dous rexistros diferentes para os vehículos e para os condutores, polo que cando se realiza un cambio de domicilio nun dos rexistros os datos non quedan actualizados no outro, de forma que é necesario modificar os dous.

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo