De todos os xeitos, e a pesar de non ser de competencia do Concello, a administración decidiu asumir estes traballos “por seguridad vial y por imagen, al tratarse de las entradas principales de ambas localidades” explica a edil, Begoña Alonso. A edil lamenta que o Concello “se vea obligado a destinar recursos municipales para hacer las tareas de otros”, porque iso implica “aplazar las actuaciones que realmente nos corresponden”. Alonso explica que as entradas de San Ciprián e Cervo son a primeira imaxe que leva toda persoa cando accede a estas vilas e que, polo tato, “hay que cuidar especialmente”. Ao mesmo tempo, a responsable de Medio Ambiente lembra que “esta no es la primera vez que el Concello tiene que recurrir a personal municipal para limpiar y acondicionar carreteras de la Diputación”. Neste sentido recorda que no verán do ano pasado a administración local solicitou a esta administración e en reiteradas ocasións a roza dos 49 quilómetros de estradas provincias que hai no municipio, sen que esas peticións desen ningún froito. Daquela o Concello tamén tivera que asumir a limpeza desas vías.