• Martes, 16 de abril 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Cervo |

Alumnos franceses pasarán 10 días en Cervo

El alcalde, Alfonso Villares, los ha recibido en la Casa do Concello y los animó a “aprovechar la experiencia” y valoró la iniciativa como “muy positiva a la hora de fomentar el aprendizaje y la convivencia”

Alumnos franceses pasarán 10 días en Cervo

Alumnos franceses pasarán 10 días en Cervo

cope.escope.es

Tiempo de lectura: 1'Actualizado 10 abr 2017

O alcalde de Cervo, Alfonso Villares e a edil de Cultura, Begoña Alonso, recibiron hoxe na Casa do Concello a 30 alumnos de intercambio escolar co IES Marqués de Sargadelos procedentes do centro de Francia que pasarán 10 días no municipio. Trátase de estudantes do instituto Les Clorisseaux, na vila de Poilly-Lez-Gien, que cursan 4º da ESO. Un acto de recepción no que o rexedor convidounos a “percorrer o noso concello, pasar unhas xornadas agradables, aproveitar esta experiencia, que ben seguro será moi frutífera, e a facer amigos”. Os estudantes fixeron preguntas sobre o municipio e amosáronse agradecidos pola acollida. Esta iniciativa de intercambio repítese cada dous anos entre o IES Marqués de Sargadelos e o centro francés cun dobre obxectivo: por unha banda, aprender outros idiomas, e pola outra, descubrir e coñecer o país veciño. Para iso, seis meses antes do intercambio os centros poñen en contacto ao alumnado participante a través das redes sociais para favorecer un primeiro achegamento. Despois, durante a estancia, permanecen en fogares de estudantes locais. O alcalde valorou esta iniciativa de forma moi positiva xa que este tipo de actividades “fomentan a convivencia, contribúen á apertura ao exterior do alumnado e do centro, compartindo o seu tempo con escolares da mesma idade pero doutro país”. Antes, hai menos dun mes, os estudantes cervenses xa estiveron na vila francesa xunto aos seus compañeiros.   Dentro do programa de visitas, o alumnado de Poilly-Lez-Gien xa ten asistido a clases xunto cos seus compañeiros, e teñen previsto visitar diferentes puntos do noso municipio, así como tamén da Mariña e da comunidade.

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo 2

Directo Herrera en COPE

Herrera en COPE

Con Carlos Herrera

Escuchar
Directo TRECE Al Mediodía

TRECE Al Mediodía

Con Marco Chiazza y Lucía Crespo

Ver TRECE