• Jueves, 28 de marzo 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Foz |

El alcalde consigue aprobar en pleno el reconocimiento extrajudicial de crédito y la actualización del precio del servicio de ayuda en el hogar

Javier J. Castiñeita ha hecho una valoración “bastante positiva” del pleno ordinario de la corporación municipal, donde fue aprobado el reconocimiento de crédito para pagar facturas pendienetes a proveedores y la actualización del precio del servicio de ayuda en el hogar. La ordenanza para regular las terrazas de los establecimientos hosteleros volvió a quedar pendiente por iniciativa de PSOE y UNIFOZ.

cope.escope.es

Tiempo de lectura: 2'Actualizado 26 may 2017

O rexedor municipal explicou que despois do pleno da corporación municipal celebrado onte “a valoración do grupo de goberno é bastante positiva, a pesar de que quedou enriba da mesa novamente a ordenanza para as terrazas dos establecementos de hostalería, que se tiña practicamente consensuada con todos os grupos. Chama a atención que no pleno o PSOE e Unifoz volvan deixalo enriba da mesa. A sorpresa xa non foi só Partido Popular senón tamén do propio Bloque, posto que pensábamos que na xunta de portavoces e nas comisións xa tíñamos todo resolto. Trataremos de solucionar estas pequenas discrepancias e levala novamente, por terceira vez, ao próximo pleno, pero é un mes perdido”. Javier Castiñeira tamén destacou que “en temas de contas estamos satisfeitos, porque se sacou adiante a proposta de recoñecemento extraxudicial de crédito e con isto eses provedores que están pendentes de pago poderán cobrar. É interesante que os grupos actuaran con responsabilidade, o cal lles agradezo. E tamén a proposta de ordenanza fiscal reguladora do prezo público polo servizo de axuda no fogar, que era fundamental actualizala para poder cumprir coa lei 99/2012 de servizos sociais da Xunta de Galicia, posto que estaba en risco o financiamento do servizo de axuda no fogar. Estamos a falar de cerca de 250.000 euros. Polo tanto, satisfacción tamén posto que hai que actualizarse antes do mes de setembro”. O alcalde comentou ademais que “saíu adiante tamén a ordenanza que regula o aproveitamento especial das vías públicas, sobre todo para explotacións madeireiras, tal e como se fixo en Ribadeo e en Lourenzá. Agora en Foz sacaremos a exposición pública esta ordenanza tamén para tela o antes posible en vigor. Polo demais tratáronse diferentes mocións dos grupos municipais nas que houbo bastante acordo. Foi un pleno interesante e a pesar de que non se sacou adiante a ordenanza da ocupación de vía pública coas terrazas teño confianza en que no próximo pleno vaia”.

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo 2

Directo TRECE al día

TRECE al día

Con José Luis Pérez y Lucía Crespo

Ver TRECE