• Martes, 23 de abril 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Cervo |

El alcalde, Alfonso Villares, se ha reunido con miembros de la Asociación de Vecinos de Lieiro para escuchar sus demandas

Según Villares, las peticiones presentadas se van a estudiar desde la administración local  e intentarán atenderlas en la medida de lo posible.

cope.escope.es

Tiempo de lectura: 1'Actualizado 27 may 2017

O alcalde de Cervo, Alfonso Villares, e o edil de Zona Rural, José Ramón Soto, reuníronse esta semana con membros da Asociación de Veciños de Lieiro para coñecer as súas demandas. Unha entidade que lles transmitiu aos dous representantes do Concello un conxunto de peticións para facer melloras que beneficien ao conxunto da veciñanza da parroquia. Villares e Soto aseguraron que “estudaremos as propostas e tentaremos atender as súas inquedanzas na maior medida posible” explica Soto. Unha xuntanza que forma parte da liña de traballo habitual do grupo de goberno a través da cal o Concello está en contacto permanente coas asociacións veciñais, culturais e deportivas do municipio como “a mellor forma de coñecer as súas necesidades e demandas” engade Soto. O edil destaca o carácter “beneficioso” destas reunións, tanto para o Concello como para as entidades e os veciños en xeral xa que en moitos casos permiten “abrir fórmulas de colaboración” e ao mesmo tempo se manteñen como “vías de comunicación continuada entre o goberno e a veciñanza” remata o edil.

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo 2