• Martes, 23 de abril 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Mondoñedo |

La Agencia Tributaria sanciona al Ayuntamiento por no ingresar las retenciones del IRPF de las nóminas de los trabajadores durante el 2010

Los populares mindonienses alertas de esta sanción “por  infracción tributaria” calificada como  muy graveby se preguntan por la legitimidad que tiene el bipartito local de reclamar deudas a los vecinos “cuando ellos son los primeros que no cumplen sus obligaciones con hacienda”

cope.escope.es

Tiempo de lectura: 2'Actualizado 26 may 2017

O Partido Popular denuncia unha nova deixadez de funcións do bipartito local, dado que o Concello de Mondoñedo resultou sancionado pola Axencia Tributaria por non ingresar as retencións a conta do IRPF das nóminas dos traballadores municipais correspondentes ao exercicio 2010. Así o recolle un escrito con data de entrada no Concello de Mondoñedo, de 25 de abril de 2013, e remitido pola Axenda Tributaria no que se considera probado que o Concello de Mondoñedo cometera a citada infracción tributaria, cuxa iniciación do procedemento sancionador lle fora notificada á administración local mediante escrito de data 28 de febreiro de 2013, presentando a Entidade alegacións con data 22 de marzo de 2013 nas que manifestaban: “que está dacordo coa proposta de imposición de sanción”. Os populares aseguran que esta é unha mostra máis do “desgoberno e pouco control no día a día por parte do bipartito local”, que chega a derivar en irresponsabilidades cualificadas de “moi graves”, xa que segundo recolle a notificación “a débeda comprende a retencións ou ingresos a conta, representando as practicadas e non ingresadas un porcentaxe superior ao 50% da base da sanción” De novo, o descontrol de Orlando González volve a repercutir “negativamente no peto de todos os mindonienses, que custearán as sancións impostas por non cumprir coa súa responsabilidade como alcalde”. O PP de Mondoñedo pregúntase pola lexitimidade que ten agora o bipartito local de reclamar débedas aos veciños “cando eles son os primeiros que non cumpren as súas obrigas con Facenda”. Neste caso a multa ten un importe de 1.111 euros,  pero visto a pasividade do alcalde e a súa nula xestión, dende o PP non descartan a posibilidade que se poidan dar outras maiores. Trafico sanciona ao Concello de Mondoñedo Este é un caso máis que demostra a caótica situación da facenda local que os populares veñen denunciando nos últimos anos, véndose obrigados, en varias ocasións e en recentes días, a alertar publicamente de sancións ou de incumprimentos de normativa urbanística. Neste senso, dende o PP local lembran a sanción interposta pola Xefatura Provincial de Tráfico contra o mesmo Concello de Mondoñedo, con data 27 de febreiro de 2013, por circular cun vehículo cuxos neumáticos non presentan debuxo nas ranuras principais da banda de rodamento. Unha situación pola que os populares pedían explicacións, tendo en conta o pago dunha factura por unha contía de 4.700 euros de concepto de subministro de rodas datada de agosto do 2012, na que non se detallaba que rodas mercaran e os populares ignoraban o seu destino.

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo