• Miércoles, 24 de abril 2024
  • ABC

COPE

Empleo

Estos son los argumentos para justificar que los terrenos de ENCE se pueden adscribir al Puerto de Marín

Consulta aquí el informe del Consello Consultivo que el presidente de la Xunta, Núñez Feijóo, le ha entregado en Madrid a la ministra de Transición Ecológica, Teresa Ribera.

Audio

El presidente de la Xunta junto a la ministra de Transición Ecológica, con la que se reunión este jueves en Madrid. Foto: Xunta.

Pontevedra

Tiempo de lectura: 5'Actualizado 12:51

Los juristas que integran el Consello Consultivo de Galicia basan la viabilidad de la integración de los terrenos de ENCE en Lourizán en la Autoridad Portuaria de Marín en la importancia de la pasta de papel en el cómputo global de los tráficos del puerto de la ría de Pontevedra.

Además, señala que, en caso de que el Tribunal Supremo ratificase la sentencia de la Audiencia Nacional que anula la prórroga a la empresa para seguir en su actual ubicación, no iría contra el objeto de esa sentencia porque no busca limitar las capacidades del Estado de organizar las demarcaciones de los puertos de interés general como es el de Marín.

Este es el contenido difundido por la Xunta de Galicia y que el presidente autonómico, Alberto Núñez Feijóo, hizo llegar este jueves a la ministra de Transición Ecológica, Teresa Ribera, durante la reunión que mantuvieron en Madrid:

O Informe emitido polo Consello Consultivo de Galicia sobre determinadas cuestións relativas á posibilidade xurídica de modificación da zona de servizo do Porto de Marín determina, por unanimidade dos membros con dereito a voto da Sección de Estudos e Informes:

1ª) Os portos de interese xeral teñen unha importancia estratéxica en tanto coadxuvan ao desenvolvemento económico e social do conxunto do Estado.
A súa xestión ha de realizarse con criterios de calidade e eficacia na prestación dos servizos portuarios, máxima rendibilidade socioeconómica, eficiencia na explotación e fomento do investimento privado.

2ª) Os portos de interese xeral quedan fóra do ámbito de aplicación da Lei de Costas, pois, aínda que forman parte dos bens de dominio público marítimo- terrestre de titularidade estatal, deben rexerse pola súa lexislación específica,
en atención á súa substantividade e peculiaridades. Esta normativa específica vén constituída esencialmente polo TRLPEMM
(texto refundido da Lei de Portos do Estado e da Mariña Mercante).

3ª) A regulación actualmente vixente da zona de servizo dos portos de interese xeral é resultado dunha evolución normativa caracterizada por unha progresiva ampliación do concepto de zona de servizo que foi parella á progresiva ampliación dos usos previstos pola lexislación portuaria ante a importancia estratéxica do sistema portuario estatal e a necesaria rendibilidade económica e eficiencia deste.

A zona de servizo configúrase, así, como algo consubstancial á existencia do porto sendo a súa finalidade a de determinar o ámbito no que ha de aplicarse un réxime xurídico específico que permita que a xestión portuaria poida desenvolverse de xeito eficaz, eficiente e acorde cos restantes principios que presiden o sistema portuario estatal, sen perturbacións nin interferencias.

4ª) Na zona de servizo dos portos de interese xeral han de incluírse, por mandato do artigo 69.1 do TRLPEMM, os espazos necesarios para o desenvolvemento dos usos portuarios do artigo 72.1 do TRLPEMM, entre os que se inclúen, na súa letra d), os usos complementarios ou auxiliares “incluidos los relativos a actividades logísticas y de almacenaje y los que correspondan a empresas industriales o comerciales cuya localización en el puerto esté justificada por su relación con el tráfico portuario, por el volumen de los tráficos marítimos que generan o por los servicios que prestan a los usuarios del puerto”.

5ª) Conforme o artigo 69 do TRLPEMM, a determinación da zona de servizo dos portos de interese xeral ha de efectuarse mediante a Delimitación dos Espazos e Usos Portuarios, que ten por obxecto a delimitación da zona de servizo e a asignación de usos, debendo estar xustificada a necesidade ou conveniencia de tales usos, segundo criterios transparentes, obxectivos, non discriminatorios e de fomento da competencia na prestación de servizos.

6ª) A emisión do acordo de iniciación do expediente de proposta de Delimitación dos Espazos e Usos Portuarios é de exclusiva competencia da correspondente Autoridade Portuaria, e a súa aprobación efectuarase a través da Orde Ministerial.

7ª) En atención ao exposto pola Dirección do Porto de Marín, e desde o carácter limitado da nosa análise, cabería considerar xustificada a necesidade de ampliación da zona de servizo do porto de Marín con destino a usos complementarios do artigo 72.1.d) do TRLPEMM relativos á localización de empresas que permitan un importante incremento do tráfico portuario, tendo en conta tanto as necesidades actuais xa presentes no porto como a eventualidade futura de diminución do tráfico portuario que se derivaría da supresión do tráfico de pasta de papel xerado pola empresa Ence. Así, a xustificación ofrecida pon de manifesto a dita necesidade baseándose en criterios obxectivos, transparentes e non discriminatorios nos que ha de asentarse a xestión dos portos de interese xeral, singularmente os relativos á eficacia, eficiencia, competitividade e autosuficiencia económico-financeira, polo que non cabería cualificar a dita xustificación como irrazoable, arbitraria ou ilóxica.

  • Left6:No existe configuración de publicidad para el slot solicitado

8ª) No que atinxe á alternativa de que o espazo obxecto de ampliación con destino a eses usos sexa o tramo de dominio público marítimo terrestre no que actualmente se atopan as instalacións da empresa Ence, estímase que a xustificación ofrecida ao respecto pola Dirección do Porto de Marín responde, tamén neste eido, a criterios obxectivos e acordes cos que han de presidir a xestión do sistema portuario estatal e a determinación da zona de servizo do porto, sen que se presente como unha alternativa arbitraria ou manifestamente irrazoable.

9ª) A falta de continuidade física entre ese tramo de dominio público marítimo-terrestre e a actual zona de servizo do porto non constitúe un óbice para a incorporación daquel tramo á zona de servizo do porto ao non existir esixencia legal de tal continuidade física, sendo o determinante neste caso a xustificación de tratarse de espazos necesarios para o desenvolvemento de usos portuarios do artigo 72.1 do TRLPEMM.

10ª) Tampouco constituiría un óbice para esa incorporación a circunstancia de que o espazo en cuestión estea actualmente ocupado polas instalacións da empresa Ence ao abeiro dunha concesión anulada por sentenza que aínda non é firme pois:

-Esa sentenza, ao non atoparse en fase de execución, non obriga ao seu cumprimento actual, polo que no momento presente non cabe manter que aquela incorporación puidera supoñer un incumprimento da mesma, directo ou indirecto.

-De revogarse a sentenza, a subsistencia da concesión non constituiría, per se, un obstáculo á inclusión do terreo na zona de servizo do Porto de Marín, estando esa eventualidade prevista nos artigos 69.5 e 71 do TRLPEMM.

-De confirmarse a anulación xudicial da resolución de prórroga da concesión, e producirse, obviamente, a desaparición de tal concreto acto administrativo, ese efecto nunca se vería obstaculizado por unha incorporación ao Porto de Marín dos terreos hoxe ocupados polas instalacións de Ence, pois esa incorporación do terreo deixaría sempre incólume o contido dispositivo da sentenza, co cal ningunha relación inmediata tería o acto de incorporación.

Quedarían tales terreos, iso si, sometidos ao réxime específico do dominio público portuario e aos límites de usos que lles afecten, debendo suxeitarse a súa utilización ao disposto no dito réxime xurídico específico, pero iso non pugnaría cos pronunciamentos dunha sentenza cuxos efectos, que non se verían menoscabados pola incorporación dos terreos á zona de servizo do porto, non acadan a eliminar ou conxelar a facultade que ostenta a Administración estatal de ordenar especialmente a zona de servizo dos portos de interese xeral a través da Delimitación dos Espazos e Usos Portuarios.

Polo tanto, non sendo susceptible de contradicir os pronunciamentos da sentenza nin de eludir o seu cumprimento a inclusión na zona de servizo do porto dos terreos de dominio público marítimo-terrestre hoxe ocupados polas instalacións de Ence, é perfectamente viable realizar a dita inclusión mediante a modificación desa zona de servizo, sempre que eses terreos sexan necesarios para o desenvolvemento dos usos portuarios a que se refire o artigo 72.1 do TRLPEMM, así se xustifique conforme o disposto no artigo 69.3 do TRLPEMM, e se observen os trámites legalmente establecidos para dita modificación.



Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo 2

Directo TRECE al día

TRECE al día

Con José Luis Pérez y Lucía Crespo

Ver TRECE