• Sábado, 20 de abril 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Cultura executa na igrexa lucense de San Pedro unha das maiores intervencións de rehabilitación en Galicia

A primeira fase das obras para recuperar este templo -do século XIV- está en plena execución, cun investimento de 750.000 euros

O antigo templo do mosteiro de San Francisco ten a consideración de Ben de Interese Cultural (BIC), coa categoría de Monumento, dende o ano 1931

Vista da igrexa de San Pedro dende o fondo da Praza de Santo Domingo

Vista da igrexa de San Pedro dende o fondo da Praza de Santo Domingo

Ramudo

Lugo

Tiempo de lectura: 3'Actualizado 10:07

A igrexa de San Pedro, ubicada en pleno centro do casco histórico de Lugo, entre Quiroga Ballesteros e as prazas de Santo Domingo e da Soidade, ten a consideración de Ben de Interese Cultural (BIC), coa categoría de Monumento, dende o ano 1931. A Xunta de Galicia adxudicaba a principios de setembro do pasado ano a primeira fase de rehabilitación dese templo por un importe de 750.000 euros, na que foi a maior aposta dese ano pola recuperación dun ben histórico, só por detrás do investimento previsto na Catedral de Santiago de Compostela.

Foi construida a mediados do século XIV e está vinculada ao bispo Pedro López de Aguiar, prelado que desenvolveu unha gran actividade constructiva na cidade, xa que, ademais de iniciar a edificación dese templo, interviu na fundación do convento das dominicas da Nova (1363) e na construcción da capela de San Froilán, na catedral lucense.

Trátase dunha igrexa con planta de cruz latina, dunha soa nave en cinco tramos, con cuberta de madeira e cabeceira de tres ábsides poligonais con bóvedas de cruzaría. A súa construción reflicte a influencia do estilo ourensán, pero tamén é a orixe dun taller específico lucense, como consecuencia da actividade constructiva simultánea na catedral e nos conventos mendicantes.

Interior da igrexa de San Pedro

Interior da igrexa de San Pedro



A actuación prevista nesta primera fase das obras de restauración da igrexa do mosteiro de San Francisco -hoxe coñecida como igrexa de San Pedro de Lugo- ten un prazo de execución de once meses e o que se pretende con ela é resolver as patoloxías detectadas neste importante Ben de Interese Cultural, ademais de mellorar as condicións do inmoble para facelo máis confortable.

Vista do altar da antiga igrexa do mosteiro de San Francisco

Vista do altar da antiga igrexa do mosteiro de San Francisco



Problemas de humidade

Para iso, os traballos estánse a centrar en resolver os problemas de humidade provocados polas filtracións existentes na cuberta e nas fábricas. Ademais, con esta intervención tamén se busca mellorar a imaxe do propio monumento e harmonizar os acabados dos paramentos exteriores.

Nos traballos de rehabilitación tamén se está incidindo na conservación do cruceiro e doutros elementos constructivos e decorativos de alto valor histórico-artístico, como son a portada, o rosetón sur do templo, a cornixa moldurada pétrea, os vanos góticos ou os contrafortes das capelas da cabeceira.

A intervención tamén contempla unha avaliación arqueolóxica na cabeceira da igrexa.


Audio

Entrevistamos ao arquitecto que redactou o proxecto, Justo Portela, sobre a marcha das obras



Convenio de colaboración coa Diocese

Para poder desenvolver estes traballos, a Consellería de Cultura asinou un convenio de colaboración coa Diocese de Lugo, que puxo a disposición os terreos e os inmobles necesarios para levar adiante as actuacións de conservación e restauración en varios inmobles que son propiedade da Igrexa, entre eles esta igrexa do Mosteiro de San Francisco.

O propio conselleiro de Cultura, Educación e Universidades, Román Rodríguez, precisou que esta intervención suporá “un gran paso na recuperación do patrimonio lucense”, porque “os traballos de rehabilitación que a Xunta” está executando nesta igrexa “supoñen unha das maiores apostas pola conservación e restauración dun ben histórico que se fai en Galicia”.


Arcos da igrexa de San Pedro

Arcos da igrexa de San Pedro



Na mesma liña, suliñou que “o patrimonio cultural é un dos piares fundamentais da nosa identidade”, de aí a importancia de “apostar pola súa conservación e posta en valor”, de xeito especial “nunha cidade como a de Lugo, que conta con algúns dos bens máis senlleiros da nosa Comunidade, como son esta igrexa, a súa catedral ou a Muralla romana, coa que estamos fortemente comprometidos”.

De feito, lembrou que Lugo “ocupa un lugar destacado no compromiso do goberno galego co patrimonio cultural”, unha circunstancia que se reflicte no esforzo orzamentario que fai a administración autonómica nese eido, xa que nos últimos anos leva investidos máis de 5 millóns de euros en poñer en valor unha decena de bens.


Recuperado o artesonado

As obras de restauración seguen avanzando e, a mediados de xullo, a propia Xunta de Galicia confirmaba quexa está rehabilitado o artesonado mudéxar do templo, unha das escasas mostras deste estilo que existe en Galicia. Ademais, están rematados os traballos nas cubertas do ciborio e dos cruceiros, así como a limpeza e o encintado dos paramentos exteriores na cabeceira, entre outros traballos.

O artesonado do templo estaba moi deteriorado antes da rehabilitación

O artesonado do templo estaba moi deteriorado antes da rehabilitación



Por iso, para amosar como pouco a pouco se van desenvolvemento esas importantes obras de rehabilitación, a Consellería de Cultura, Educación e Universidades organizou no verán unha xornada de portas abertas na que representantes da empresa adxudicataria, Resconsa, e o arquitecto redactor do proxecto, Justo Portela, conduciron aos visitantes a través das diferentes estancias para explicarlles a historia do templo e como se están a realizar os traballos de recuperación.


Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo

Directo El Partidazo de COPE

El Partidazo de COPE

Con Juanma Castaño

Escuchar