• Jueves, 18 de abril 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Xunta de Galicia

A Xunta tramita a inscrición do monte veciñal de Vilasouto, do Incio, no Rexistro de Masas Consolidadas de Frondosas Autóctonas

A Xunta tramita a inscrición do monte veciñal de Vilasouto, do Incio, no Rexistro de Masas Consolidadas de Frondosas Autóctonas

Xunta de GaliciaXunta de Galicia

Tiempo de lectura: 2'Actualizado 23:00

O DOG publica hoxe o anuncio da Consellería do Medio Rural polo que se somete a información pública este procedemento de inscrición no devandito rexistro

En concreto, inscribiranse 16,0345 hectáreas do monte compostas por tres mou–teiras de carballos e bidueiros

Os interesados en presentar alegacións teñen un prazo de dous meses dende mañá

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe o anuncio da Consellería do Medio Rural polo que se somete a información pública o procedemento de inscrición no Rexistro de Masas Consolidadas de Frondosas Autóctonas do monte de Vilasouto, no concello lugués do Incio. En concreto, inscríbense 16,0345 hectáreas compostas por tres mouteiras de carballos e bidueiros, de titularidade da comunidade de montes veciñais en man común homónima. A partir de mañá, o día seguinte ao da publicación do anuncio no DOG, calquera persoa física ou xurídica poderá examinar no Servizo de Montes da Xefatura Territorial de Medio Rural de Lugo os documentos correspondentes a este expediente de inscrición, podendo presentar as alegacións que estimen oportunas nun prazo de dous meses, que computarán a partir de mañá. existen 50 masas inscritas no Rexistro de Masas Consolidadas de Frondosas Autóctonas: 5 na provincia da Coruña, 14 en Lugo, 21 en Ourense e 10 en Pontevedra, cunha superficie total de máis de 4.056,94 hectáreas.En Galicia existe, de acordo co 4º Inventario Forestal Nacional, unha superficie de masas de frondosas autóctonas dunhas 415.000 hectáreas, dominadas principalmente polo carballo, cerquiño, castiñeiro e bidueiro, xa sexa en forma de masas dunha soa especie ou en mesturas íntimas de dúas ou máis especies. Estas masas conforman a paisaxe característica de Galicia e teñen un alto interese para a conservación de especies e hábitats, así como unha gran capacidade de xerar recursos de alto valor para a sociedade.Tendo en conta toda esta riqueza, e en desenvolvemento da Lei de Montes, a Xunta publicou o Decreto que regula o Rexistro de Masas Consolidadas de Frondosas Autóctonas. Nel inscríbense aquelas cunha superficie mínima de monte de 15 hectáreas que poden estar constituídas por tres coutos redondos, sempre que cada unha delas teña un mínimo de 3,75 hectáreas (25% da superficie mínima) e unha idade media de 20 anos. O rexistro pretende favorecer a xestión forestal activa das masas inscritas, para o que o Decreto que o regula establece unha serie de medidas, como son a prioridade na concesión de axudas públicas, a divulgación dos seus valores e das utilidades directas destas masas de frondosas ou mesmo o fomento do desenvolvemento de vantaxes fiscais para os seus titulares.https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2022/20221128/AnuncioG0426–151122–0003_gl.html


Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Etiquetas

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo 2

Directo Herrera en COPE

Herrera en COPE

Con Carlos Herrera

Escuchar
Directo Ecclesia al día

Ecclesia al día

Con Álvaro de Juana

Ver TRECE