• Martes, 23 de abril 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Xunta de Galicia

A Xunta somete a información pública o trazado dos accesos ao Complexo Hospitalario Universitario da Coruña, que suporán un investimento de máis de 24,2 M?

A Xunta somete a información pública o trazado dos accesos ao Complexo Hospitalario Universitario da Coruña, que suporán un investimento de máis de 24,2 M€

Xunta de GaliciaXunta de Galicia

Tiempo de lectura: 4'Actualizado 17:15

Trátase do proxecto que recolle as actuacións que permitirán configurar unha circulación adecuada ao redor deste complexo durante a execución das obras do novo hospital, e que formarán gran parte dos accesos e o anel definitivo de circulación do Novo CHUAC

Os accesos, cuxas obras contan cun prazo de execución de 24 meses, adaptáronse para reducir ao máximo o impacto na contorna e mellorar a súa integración no conxunto arquitectónico, respondendo así ás inquedanzas da veciñanza

O deseño dos novos enlaces evita a afectación a vivendas e reduce as expropiacións a 18 parcelas sen edificar cunha superficie total de 19.074 m2 cadrados

Normal 0 false false false GL X–NONE X–NONE Santiago de Compostela, 31 de xaneiro de 2023 A Xunta publica hoxe no Diario Oficial de Galicia o anuncio polo que se somete a información pública o proxecto de trazado dos accesos ao Complexo Hospitalario Universitario da Coruña, cuxa execución suporá un investimento autonómico de máis de 24,2 millóns de euros.Trátase das actuacións que permitirán configurar unha circulación adecuada ao redor do CHUAC durante a execución das obras do novo hospital, e que formarán gran parte dos accesos e o anel definitivo de circulación do Novo CHUAC. Deste xeito, o DOG tamén publica hoxe a relación individual de bens, dereitos e propietarios afectados polo proxecto referido, para o que será precisa 19.074 m², dos que 14.360 m² serán de ocupación definitiva, sen que afecte a ningunha vivenda; e os restantes 4.714 m² serán ocupación temporal, e correspóndense co acceso provisional á AC–10 e o accesos temporal que en As Xubias permitirá canalizar o tráfico para executar as obras de cimentación dos apoios ao novo paso sobre a AC–12. As persoas que o consideren oportuno poderán formular observacións ao proxecto do trazado deseñado ata o vindeiro 15 de marzo. No seguinte enlace ao DOG pódese ampliar a información relativa ao anuncio: https://acortar.link/WpT6j1O deseño deste proxecto dos accesos ao Novo CHUAC conta xa coa declaración de impacto ambiental simplificada, garantindo ao máximo a integración e a funcionalidade, co menor impacto visual e integrado na trama urbana da cidade. Máis en detalle, o trazado que se somete a información pública recolle a construción dunha nova ligazón sobre a AC–12 cuxa titularidade solicitou a Xunta ao Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana, para mellorar así os accesos, en fase de remate da súa tramitación. Trátase dun enlace de tipo trompeta, similar ao existente. Así mesmo, proxéctase un anel perimetral que rodeará ao Novo CHUAC, ata a intersección coa rúa Curramontes con Castiñeiro de Eirís, con posibilidade de acceso ao aparcadoiro e ao CHUAC polo viario existente. Para reducir a afección a vivendas da avenida da Pasaxe o viario perimetral será elevado en estrutura. Tamén se adecuarán os accesos ao hospital San Rafael para a mellora do trenzado actual. Ademais, crearase un aparcadoiro provisional ao oeste da rúa Curramontes e un acceso de saída cara á AC–10 que estará operativo durante as obras. Estes novos viarios permitirán manter os servizos actuais do hospital sen afección ao tráfico, así como habilitar os viarios necesarios para a construción da ampliación do CHUAC. A complexidade e detalle da actuación proxectada pola Xunta amósase tamén nos trazados e as estruturas que se van executar.Con respecto ao trazado, cabe sinalar os 21 eixos distintos, desde os principais ata pequenos ramais ou encontros; e a nova glorieta, que contará cun diámetro exterior de 41 metros. Ademais coordínanse cos 5 viais existentes cos que se entronca e cos 5 eixos adicionais que se executarán adicionalmente co novo CHUAC para completar a fotografía final. A lonxitude de viais que se inclúen neste proxecto é de 4,09 km, que chegarán a 5,76 km co Novo CHUAC completo.No proxecto inclúense, ademais, 6 estruturas viarias, que suman 601,5 metros de lonxitude e inclúen: o novo paso superior da AC–12, de 158,8 metros de lonxitude, xunto a unha beirarrúa, ademais da sección para vehículos; o viaduto principal do anel, cunha lonxitude de 157,5 m; e 4 estruturas máis na ligazón da AC–12 no lado do CHUAC, incluíndo 3 pontes ou viadutos, e un paso inferior.Cómpre destacar o traballo da Xunta no impulso deste proxecto, así como a capacidade, tamén, de concertación da solución co Concello da Coruña, o compromiso de asumir a titularidade da AC–12, ter conseguido xa o informe favorable de todas as administracións, así como ter coordinados todos os proxectos e a programación da obra viaria e de accesos.O Novo CHUAC é un proxecto estratéxico e prioritario para o Goberno galego xa en marcha e no que está a traballar, conxuntamente, as Consellerías de Sanidade e de Infraestruturas, ao que se destinarán máis de 500 M? para blindar a atención sanitaria da área da Coruña nas vindeiras décadas.O Goberno galego está a facer un grande esforzo por dotar a área da Coruña dun hospital de vangarda, un esforzo que se verá incrementado aínda máis ao facerse cargo a Xunta tamén o incremento do prezo das expropiacións e dos accesos que debería asumir o Concello, para que o hospital conte cuns accesos acordes e axeitados a este grande equipamento sanitario.


Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Etiquetas

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo

Directo Herrera en COPE

Herrera en COPE

Con Carlos Herrera

Escuchar