• Miércoles, 24 de abril 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Xunta de Galicia

A Xunta sinala na Coruña a importancia de que as empresas dispoñan de protocolos contra o acoso sexual no traballo para actuar de xeito inmediato

A Xunta sinala na Coruña a importancia de que as empresas dispoñan de protocolos contra o acoso sexual no traballo para actuar de xeito inmediato

Xunta de GaliciaXunta de Galicia

Tiempo de lectura: 2'Actualizado 13:45

A directora xeral de Relacións Laborais, Elena Mancha, participou hoxe na inauguración dunha xornada informativa sobre protocolo de acoso sexual laboral no Colexio Oficial de Fisioterapeutas

A Administración autonómica galega ten a disposición do tecido empresarial unha guía para a prevención e tratamento de acoso sexual nas pemes

A directora xeral de Relacións Laborais, Elena Mancha, participou hoxe na Coruña na inauguración da xornada informativa sobre protocolo de acoso sexual laboral, unha iniciativa que se celebrou no Colexio Oficial de Fisioterapeutas de Galicia (Cofiga) e que se desenvolve no marco do convenio que a Xunta asinou o pasado mes de decembro coa Unión Profesional de Colexios Profesionais (UP), na que se integra Cofiga e a Asociación Galega de Profesionais da Auditoría Sociolaboral de Xénero e de Prevención do Acoso e da Violencia de Xénero nas Organizacións (Agaxen). Na xornada avaliáronse os aspectos máis importantes para a detección e prevención do acoso sexual e por razón de xénero nos relatorios que protagonizaron María Ángeles García, consultora especializada que asesorou a diversas empresas na elaboración e implantación do protocolo e as medidas de acoso; e Sandra García, inspectora de traballo e experta en igualdade. Mancha destacou que a prevención do acoso é clave “para evitar comportamentos indesexables que atentan contra a dignidade das persoas” e apelou a que as empresas dispoñan de protocolos para que ante un suposto caso poidan tomar as medidas oportunas “da maneira máis rápida posible que o atalle”. A directora xeral, ademais, sinalou a necesidade de avanzar nunha “maior conciencia e sensibilización de traballadores, traballadoras, empresas, institucións, axentes sociais e cidadanía no seu conxunto” respecto á prevención e erradicación deste tipo de condutas no traballo. Para rematar, lembrou que a Xunta ten a dispor do tecido empresarial unha guía para a prevención e tratamento de acoso sexual nas pemes e sinalou que na modalidade en liña, a Administración autonómica desenvolve un curso especializado en materia de acoso de 10 horas.


Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Etiquetas

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo 2

Directo TRECE al día

TRECE al día

Con José Luis Pérez y Lucía Crespo

Ver TRECE