• Viernes, 19 de abril 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Xunta de Galicia

A Xunta repartiu xa preto de 20.000 composteiros domésticos para fomentar a autoxestión dos residuos orgánicos en Galicia

A Xunta repartiu xa preto de 20.000 composteiros domésticos para fomentar a autoxestión dos residuos orgánicos en Galicia

Xunta de GaliciaXunta de Galicia

Tiempo de lectura: 3'Actualizado 11:05

A día de hoxe son 440 as entidades adscritas a este programa, impulsado por Sogama hai máis dunha década e co que busca reducir a produción de residuos, minorar as emisións contaminantes e recuperar unha práctica tradicional no rural

O obxectivo é reciclar a materia orgánica en orixe para obter un abono de alta calidade que os participantes poden aproveitar nas súas hortas ou xardíns, ao tempo que se reducen os custos pola prestación deste servizo

Ademais de facilitar os medios materiais necesarios para facer compostaxe, persoal da empresa pública imparte cursos formativos presenciais dirixidos aos participantes

Normal 0 false false false ES ZH–CN AR–SA Santiago de Compostela, 10 de decembro de 2022 A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda repartiu xa de forma gratuíta preto de 20.000 composteiros entre as 440 entidades adheridas ao programa de compostaxe doméstica que impulsou a empresa pública Sogama hai máis dunha década co obxectivo de promover a autoxestión da materia orgánica en orixe e os seus beneficios ambientais, económicos e sociais.Do total de entidades adscritas á iniciativa, a maioría son concellos (224) e centros educativos (186) aínda que tamén hai unha trintena de colectivos sociais. Sogama agarda que o interese e a participación sigan crecendo xa que cómpre subliñar que se trata dunha iniciativa que contribúe a reducir a produción de residuos, a minorar as emisións de CO2 á atmosfera e, ademais, a recuperar unha práctica tradicional moi ligada ao modo de vida no rural galego. Neste sentido e dado que a materia orgánica representa ao redor do 40% da composición media dunha bolsa de lixo tipo, coa súa reciclaxe en orixe evítase o seu depósito no contedor xenérico, posibilitando que os servizos municipais poidan diminuír a frecuencia de recollida e transporte do lixo convencional co conseguinte aforro.Ademais, desde o punto de vista social tamén cómpre subliñar que contribúe a recuperar e poñer en valor unha práctica tradicional no rural galego como é a separación da materia orgánica para alimentar o gando ou mediante a súa transformación en compost, un abono natural con excelentes propiedades para plantas e cultivos, xa que achega nutrientes e mesmo o protexe fronte a pragas e enfermidades.A través dos concellos e de forma totalmente gratuíta, Sogama distribúe os recipientes para compostar, cunha capacidade de 390 e 400 litros e fabricados con materiais reciclados e reciclables, sendo a súa función propiciar que o proceso de autoxestión da materia orgánica se leve a cabo de forma cómoda, hixiénica e eficiente. Para isto, é necesario que as vivendas ou agrupacións participantes dispoñan de terreo ?horta, xardín ou terras de cultivo? no que poder aplicar o abono resultante, pechando así o ciclo de recuperación da materia orgánica nun claro exemplo de economía circular.Exemplo disto son os manuais didácticos que se entregan con cada composteiro. Nos mesmos descríbese a técnica a levar a cabo: desde a propia localización do composteiro, que debe estar en contacto directo coa terra para facilitar a entrada dos microorganismos descompoñedores, ata a relación de materiais que deben e non deben depositarse no mesmo e o control de parámetros tales como o osíxeno, a temperatura e a humidade, que inflúen de forma decisiva no resultado final.Así mesmo, e en coordinación cos concellos e o resto de entidades adheridas, persoal de Sogama tamén imparte cursos de formación presenciais nos que se explica a operativa e as técnicas a aplicar, ademais de resolver as dúbidas dos asistentes.En definitiva, con este programa a Xunta pretende avanzar cara a unha xestión máis sostible dos residuos municipais que teña en conta o principio de proximidade, xa que a fracción orgánica convértese en abono nas propias dependencias dos usuarios.


Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Etiquetas

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo 2

Directo Herrera en COPE

Herrera en COPE

Con Carlos Herrera

Escuchar
Directo TRECE Al Mediodía

TRECE Al Mediodía

Con Marco Chiazza y Lucía Crespo

Ver TRECE