• Viernes, 29 de marzo 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Xunta de Galicia

A Xunta reforza a súa colaboración co Museo da Construción Naval de Ferrol con 75.000 ? para contribuír á súa conservación, promoción e difusión

A Xunta reforza a súa colaboración co Museo da Construción Naval de Ferrol con 75.000 € para contribuír á súa conservación, promoción e difusión

Xunta de GaliciaXunta de Galicia

Tiempo de lectura: 2'Actualizado 19:15

O secretario xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, e a delegada territorial de Ferrol, Martina Aneiros, visitaron as instalacións do centro

A Consellería de Cultura asina un convenio para colaborar co mantemento do museo, o principal centro marítimo español dedicado á historia da construción naval, dando continuidade ao apoio dos últimos anos para o seu arquivo e salas de exposición

A Xunta de Galicia reforza este ano a súa colaboración co Museo de Construción Naval de Ferrol cun investimento de 75.000 euros para contribuír á súa conservación, promoción e difusión. O secretario xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, e a delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, visitaron hoxe a sede da Fundación Exponav, que xestiona este museo, onde puxeron de manifesto o novo compromiso da Xunta co centro museístico.O representante da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades indicou que se trata dun apoio estratéxico para seguir poñendo en valor parte da historia de Ferrol e de Galicia. “Divulgar o papel do Museo da Construción Naval é contribuír ao seu mantemento é unha tarefa fundamental para seguir reforzado a rede museística galega, dotándoa de recursos para manter o noso legado”, indicou.Salientou, ademais, o papel de Museo da Construción Naval como “o principal centro marítimo español dedicado á historia da construción naval e un dos máis completos de Europa na súa temática”. Puxo de manifesto o valor da súa exposición permanente e tamén doutras accións levadas a cabo no museo como o seu extenso legado documental en forma de monografías, planos e outros documentos ao servizo dos investigadores.A colaboración é posible grazas a un convenio de colaboración que permitirá apoiar nas tarefas de mantemento do museo e súmase a outras achegas levadas a cabo pola Xunta este ano para contribuír ao seu arquivo, ao ser un dos beneficiarios das liñas de axuda específicas para este labor. Os fondos custodiados permiten fomentar o coñecemento de todo o relativo á construción naval española, en particular desde o século XVIII. Están formados por planos de proxectos de construción naval en papel vexetal, debuxos técnicos de detalle en microfichas e material fotográfico complementario, entre outras. Estas achegas súmanse aos apoios levados a cabo pola Xunta ao Museo da Construción Naval nos últimos anos, para contribuír á celebración de actividades no museo, axudas para a museoloxía e a adaptación da sala Carlos III para exposicións ou para conservación e tratamento curativo e preventivo de diferentes pezas do museo.Ademais de visitar a Fundación Exponav, Anxo M. Lorenzo e Martina Aneiros achegáronse tamén a Sociedade Artística Ferrolana, na rúa Méndez Núñez, onde se reuniron coa xunta directiva e varios membros da entidade para estudar posibles novas colaboracións. Normal 0 21 false false false ES ZH–CN AR–SA


Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.


Etiquetas

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo 2

Sermón de las Siete Palabras desde Valladolid

Reproducir
Directo Sermón de las Siete Palabras desde Valladolid

Sermón de las Siete Palabras desde Valladolid

Escuchar
Directo Ecclesia al día

Ecclesia al día

Con Álvaro de Juana

Ver TRECE