• Miércoles, 24 de abril 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Xunta de Galicia

A Xunta recibe 11 ofertas para executar as obras de mellora da seguridade viaria e da mobilidade peonil na parroquia de Santo André de Xeve, en Pontevedra

A Xunta recibe 11 ofertas para executar as obras de mellora da seguridade viaria e da mobilidade peonil na parroquia de Santo André de Xeve, en Pontevedra

Xunta de GaliciaXunta de Galicia

Tiempo de lectura: 4'Actualizado 21:15

Trátase dunha actuación integral nas estradas PO–223 e PO–224 que suporá un investimento autonómico de máis de 2,2 M? e favorecerá unha contorna escolar segura, froito da colaboración con STOP Accidentes e do diálogo co CEIP Santo André de Xeve

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade prevé comezar os traballos a finais do verán, unha vez rematado o proceso expropiatorio

Nas obras inclúense as propostas de mobilidade do Plan de sendas de Galicia na comarca, para enlazar de xeito máis seguro e sustentable os núcleos do Couso e Sobral, unindo os equipamentos da zona: o polígono, o colexio e a parroquia

A Xunta recibiu 11 ofertas de empresas para executar as obras de mellora da seguridade viaria e da mobilidade peonil dos veciños e dos escolares da parroquia de en Santo André de Xeve, no concello de Pontevedra.Mediante este contrato, cuxas actuacións suman un investimento global de máis de 2,2 M?, a Xunta define as intervención necesarias nas estradas autonómicas PO–223 e PO–224, para a transformación da mobilidade nesta parroquia do municipio de Pontevedra.A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade prevé comezar os traballos a finais do verán, unha vez rematado o proceso expropiatorio das 46 fincas afectadas: en marzo convocáronse as actas previas e os vindeiros días están fixadas as actas de ocupación. Os traballos contan cun prazo de execución de 18 meses. A intervención comprende un conxunto de actuacións integrais, ambiciosas e transformadoras para favorecer unha contorna escolar segura. A intervención é froito do diálogo mantido coa dirección do centro educativo, coa implicación dos propios alumnos do centro, e enmárcanse na colaboración que a Xunta mantén desde hai anos con STOP Accidentes a prol da seguridade nas vías autonómicas. Con estes traballos, nos que tamén se conxugan as propostas de mobilidade sustentable recollidas no Plan de sendas de Galicia que a Xunta está a desenvolver na comarca de Pontevedra, perséguese enlazar dun xeito máis seguro e sustentable os núcleos do Couso e Sobral, ao tempo que se favorece a conexión dos principais equipamentos e focos de atracción da zona, como son o polígono empresarial, o colexio público e a propia parroquia de Xeve. Para iso, dotarase a PO–223 dunha senda mixta, para o tránsito peonil e de ciclistas non deportivos, de 1,9 km de lonxitude e cun ancho mínimo de 1,80 metros. Tamén se levarán a cabo melloras puntuais do trazado, para encaixar a senda pola marxe dereita da vía e actuarase nas principais interseccións, con disposición de semiglorietas e cuñas de aceleración e desaceleración que faciliten as incorporacións. Máis en detalle, nesa contorna melloraranse as paradas de autobús en ambas as marxes e executarase un pequeno treito de senda na glorieta da intersección coa vía a Monteporreiro, atendendo á solicitude do colectivo ciclista Pedaladas. Estas intervencións na PO–223 completaranse coas que previstas na PO–224, na intersección onde se cruzan estas dúas estradas de titularidade da Xunta e onde se sitúa o CEIP. Precisamente na intersección onde se produce o cruzamento de ambas as vías, executarase unha glorieta de 30 metros de diámetro que reforzará a seguridade viaria e contribuirá ao calmado de tráfico, ao producir un efecto de diminución de velocidade.Tamén se construirá unha senda para unir o colexio e o núcleo de Sobral. Serán 400 metros de itinerario desde a vía de acceso a Sobral ata a saída do o novo aparcadoiro do centro educativo. Reordenaranse e ampliaranse as zonas de aparcadoiro: habilitarase un carril central de sentido único e 27 novas prazas de aparcadoiro en batería a ambos os lados, nunha parcela propiedade da Comunidade de Montes en Mancomún de Santa María de Xeve. Tamén se ampliará a zona de aparcadoiro de autobuses, incorporando 18 prazas para mestres e empregados do CEIP. Deste xeito, conséguese unha notable mellora na zona de manobras e tamén se dotarán 4 prazas para o estacionamento de autobuses.Destaca nesta obra, ademais, unha intervención moi importante para a seguridade dos cativos: a execución dun carril exprés na fronte do colexio, un ‘kiss and ride’ que facilitará a baixada e recollida dos alumnos de xeito seguro. Tamén se reubicarán e mellorarán as paradas de autobús, reporase a capa de rodadura no treito de actuación e reforzarase a sinalización. No marco destas actuacións instalaranse seis marquesiñas para facilitarlle aos usuarios do transporte a espera, cinco delas novas e unha que se renova.Estas obras e os proxectos son promovidos polo departamento de Infraestruturas da Xunta ao abeiro dos fondos Next Generation para fomentar a mobilidade sustentable nas cidades galegas e nas súas contornas. A este respecto, en Pontevedra a Xunta desenvolverá un conxunto de actuacións no municipio e nos concellos da área, que suporán un investimento de máis de 14 M?. Ademais destas intervencións impulsarase a transformación integral da estrada vella de Marín; melloraranse preto de 100 paradas de autobús; e habilitaranse 4 aparcadoiros: un disuasorio na contorna da estrada vella de Marín e outros tres pensados para compartir coche nas inmediacións das vías de altas prestacións de Marín, Sanxenxo e Vilagarcía de Arousa. Normal 0 21 false false false ES JA AR–SA


Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.


Etiquetas

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo 2

Directo TRECE al día

TRECE al día

Con José Luis Pérez y Lucía Crespo

Ver TRECE