• Viernes, 19 de abril 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Xunta de Galicia

A Xunta publica a convocatoria das axudas para programas promovidos por concellos para a prevención de condutas adictivas, que incrementa nun 13% o seu orzamento

A Xunta publica a convocatoria das axudas para programas promovidos por concellos para a prevención de condutas adictivas, que incrementa nun 13% o seu orzamento

Xunta de GaliciaXunta de Galicia

Tiempo de lectura: 3'Actualizado 12:40

As axudas chegan aos 2,5 millóns de euros co obxecto de aumentar o número de concellos que poidan acadar unha subvención e incrementar así a cobertura dos programas

Esta convocatoria súmase á xa publicada a semana pasada para entidades sociais, co que o importe global das axudas da Xunta para prevención das adiccións ascende aos 4,5 millóns de euros

Diario Oficial de Galiciaconvocatoria 2022–2025 de subvencións para o cofinanciamento de proxectos de prevención de condutas adictivas promovidos por concellos, mancomunidades de concellos ou agrupacións de concellos da nosa comunidade autónoma. As entidades teñen un prazo dun mes para presentar as solicitudes das axudas.A contía das subvencións que concederá a Xunta ascende a 2.513.463 euros, e supón un incremento do 13,55% respecto da anterior convocatoria, co obxectivo de aumentar o número de concellos que poidan acadar unha subvención e incrementar así a cobertura dos programas de prevención das condutas adictivas en Galicia.A Consellería de Sanidade introduciu unha serie de cambios nesta nova convocatoria de axudas para actualizala e mellorala respecto á anterior. Entre as máis significativas está a eliminación do límite de proxectos subvencionables, que na convocatoria 2019–2022 se situaba en 40 proxectos. Ademais, introducíronse cambios nos criterios de baremación, ao eliminar o índice de risco epidemiolóxico, xa que se considera que era un indicador que non achegaba información útil á hora de repartir os fondos dispoñibles. Xunto ao anterior, a Xunta reduce as cargas administrativas, ao permitir a remisión das xustificacións económicas a través de arquivos electrónicos en formato folla de cálculo As actividades desenvolvidas no marco destas subvencións van permitir potenciar a protección e redución do impacto de factores de risco asociados ao consumo de substancias psicoactivas. Tamén promocionarase a adopción de estilos de vida saudables e de ocupación de tempo libre entre a mocidade galega; ademais de fomentar a función de axentes de saúde das familias e doutros colectivos implicados na prevención. Estas actividades buscan, así mesmo, reducir a incidencia de problemas sociosanitarios relacionados co uso e o abuso de substancias psicoactivas e con certas adiccións comportamentais, entre outros obxectivos.Sinalar, ademais, que a convocatoria, ao abranguer o período 2022–2025, permite o desenvolvemento de intervencións sostidas no tempo, o que resulta máis eficaz, e promove unha maior estabilidade nos equipos humanos que as levan a cabo.Na anterior edición desta convocatoria (2019–2022) beneficiáronse das axudas un total de 28 entidades (concellos, agrupacións de concellos ou mancomunidade de concellos), que agrupan a un total de 100 concellos. Sumados a estes 2,5 millóns de euros, o Consello da Xunta tamén autorizou o pasado mes destinar outros 2 millóns á convocatoria 2022–2025 de subvencións para o cofinanciamento de proxectos de prevención de condutas aditivas promovidos por entidades privadas sen ánimo de lucro. Esta convocatoria foi publicada no Diario Oficial de Galicia a pasada semana, co que o importe global das axudas convocadas pola Xunta para a prevención das adiccións ascende aos 4,5 millóns de euros. A planificación estratéxica vixente en Galicia en materia de trastornos aditivos segue as prioridades e liñas de actuación definidas tanto pola Estratexia Nacional sobre Drogas como pola Estratexia da Unión Europea en materia de loita contra a droga. Unha das liñas de actuación prioritarias neste ámbito é mellorar a dispoñibilidade e a eficacia dos programas de prevención e fomentar a sensibilización da poboación respecto do risco que supón o consumo de substancias adictivas legais e ilegais e das súas consecuencias. Outra liña incide no esforzo que se debe realizar na implantación de actividades apropiadas ás necesidades específicas de grupos, patróns ou modalidades de consumo específicos, con atención especial a aqueles máis vulnerables e marxinados.Sinalar que a Consellería de Sanidade constituiu, no pasado mes de abril, os grupos de traballo que procederán a elaborar o Plan de trastornos adictivos de Galicia 2023–2026. Estes grupos están integrados tanto por persoal da Xunta de Galicia con responsabilidades na xestión de servizos vinculados directa ou indirectamente coas condutas adictivas, como profesionais técnicos de concellos e entidades sociais que traballan no campo das adiccións, da prevención, da asistencia e a incorporación social. Remarcar, así mesmo, que esta convocatoria de subvencións enmárcase dentro do conxunto de actividades que se desenvolven no marco da planificación estratéxica sobre prevención de condutas adictivas, que inclúe tanto actuacións preventivas como de redución de riscos e diminución de danos; así como medidas lexislativas e de vixilancia da normativa vixente en materia de condutas adictivas.


Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Etiquetas

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo

Directo Herrera en COPE

Herrera en COPE

Con Carlos Herrera

Escuchar