• Viernes, 19 de abril 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Xunta de Galicia

A Xunta publica a contratación da obra da segunda Unidade de Hospitalización Psiquiátrica Infanto Xuvenil de Galicia

A Xunta publica a contratación da obra da segunda Unidade de Hospitalización Psiquiátrica Infanto Xuvenil de Galicia

Xunta de GaliciaXunta de Galicia

Tiempo de lectura: 3'Actualizado 16:30

Situarase no Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo e conta cun orzamento base de licitación ascende a 1.493.709 ?

A unidade, que se porá en marcha en 2023 e funcionará como unidade de referencia para todo o sur de Galicia, duplicará a capacidade de atención sanitaria para menores con problemas de saúde mental que precisen de ingreso

É a segunda unidade destas características que se crea en Galicia, complementando á existente en Santiago. Contará con 12 profesionais e ocupará unha superficie de 740 metros cadrados no hospital vigués

Normal 0 21 false false false ES X–NONE X–NONE Santiago de Compostela, 5 de decembro de 2022 A Xunta publicou, na Plataforma de Contratos Públicos de Galicia, a contratación da obra da segunda Unidade de Hospitalización psiquiátrica Infanto Xuvenil de Galicia para pacientes agudos con ingreso. Situarase no Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo e conta cun importe da licitación que ascende a 1.493.709 ?. Esta unidade será a segunda de Galicia e duplicará a capacidade de atención do sistema sanitario público galego para dar resposta aos casos que necesiten hospitalización con ingreso por patoloxía psiquiátrica aguda grave.en 2023, sumarase á que está en funcionamento na área sanitaria de Santiago e Barbanza e dará asistencia específica aos menores de 16 anos con problemas de saúde mental. De feito, funcionará como unidade de referencia para todo o sur de Galicia (incluíndo as áreas sanitarias de Vigo, Pontevedra e o Salnés, e a área de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras), e permitirá facer fronte ao incremento da demanda que se observa nestas patoloxías, especialmente intentos de suicidio, trastornos de conduta alimentaria ou trastorno psicóticos. Así, ás sete prazas coas que conta actualmente a unidade de Santiago uniranse ás seis coas que contará inicialmente a de Vigo. Ademais, a súa posta en marcha é imprescindible para a acreditación das novas unidades docentes multiprofesionais de saúde mental, o que garantirá que se conten cos medios necesarios para formar novos especialistas.A creación da nova unidade de hospitalización, que contará cunha dotación inicial de 12 profesionais cuxas prazas están previstas nos Orzamentos da Xunta para 2023, enmárcase nos obxectivos do Plan de Saúde Mental de Galicia 2020–2024, que establece como prioritaria á atención á saúde mental da infancia e dedica un eixe completo a implementar accións de mellora na atención á saúde mental deste colectivo, tanto no eido da prevención como do tratamento.A actuación implica o acondicionamento dunha zona de 740 metros cadrados no Hospital Álvaro Cunqueiro para a creación da unidade, que contará cunha zona asistencial con seis habitacións, un box, un despacho polivalente e un aseo, e disporá tamén de espazo de control con catro consultas, despacho de supervisión, zona de enfermaría –sala de estar e zona de control–, sala de técnicas, aseos, almacéns e locais técnicos, así coma un espazo de docencia e estar –con aula, sala de xogos, despacho docente, sala de espera de familiares e aseo–. A obra prima a relación co exterior, a claridade nos accesos e circulacións, a discreción e a privacidade, prevendo o futuro crecemento da unidade e dos servizos hospitalarios. A nova unidade reforza a humanización dos dispositivos de atención e hospitalización das persoas con trastorno mental, en liña co recollido no Plan de Saúde Mental, que establece a importancia de introducir elementos de mellora e confortabilidade para favorecer a recuperación das persoas que precisen de ingreso.O Plan de Saúde Mental formula como obxectivos para mellorar a atención á infancia a identificación precoz de trastornos, o desenvolvemento de novos programas de atención ao trastorno mental grave, e o favorecemento da accesibilidade aos equipos de saúde mental infanto xuvenil, incrementando os recursos de asistencia tanto ambulatoria como hospitalaria.A través do Plan de Saúde Mental de Galicia 2020–2024, a Xunta puxo en marcha nos últimos anos recursos fundamentais para evitar ingresos a través de terapias intensivas: dúas unidades de saúde mental infanto xuvenís de carácter ambulatorio en Vigo e Coruña; así coma hospitais de día de saúde mental infanto xuvenil en Vigo, Santiago, Ourense e Lugo. O hospital de día de Vigo, por exemplo, atendeu xa máis de 1.200 consultas. O obxectivo marcado polo Plan de Saúde Mental de Galicia 2020–2024 é contar cun hospital de día infanto xuvenil de saúde mental en cada área sanitaria, polo que a Xunta traballa en poñer en marcha tamén os das tres áreas sanitarias restantes: Ferrol, A Coruña e Pontevedra.


Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Etiquetas

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo

Directo Herrera en COPE

Herrera en COPE

Con Carlos Herrera

Escuchar