• Viernes, 19 de abril 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Xunta de Galicia

A Xunta promove a inserción laboral das persoas con problemas de saúde mental co programa Galicia Emprega Discapacidade-Exclusión social dotado con 40M?

A Xunta promove a inserción laboral das persoas con problemas de saúde mental co programa Galicia Emprega Discapacidade-Exclusión social dotado con 40M€

Xunta de GaliciaXunta de Galicia

Tiempo de lectura: 3'Actualizado 18:40

A directora xeral de Formación para o Emprego e Orientación Laboral, Zeltia Lado, visitou hoxe as instalacións en Santiago de Compostela da Federación de Asociacións de Familiares e Persoas con Enfermidade Mental de Galicia (Feafes)

Puxo en valor o servizo de orientación laboral da entidade que, co apoio da Xunta, permitiu en 2021 a inserción laboral de preto de 200 persoas

Destacou que no marco de Xempre Contigo, a nova planificación en materia laboral, está previsto que a rede autonómica de orientadores incorpore 136 novos profesionais para seguir impulsando unha busca de emprego máis personalizada

Referiuse á Axenda Galega de Capacidades para o Emprego para axustar a formación das persoas ocupadas e sen traballo ao que demandan as empresas para que poidan seguir a mellorar a súa competitividade

Compostela, 26 de setembro de 2022.– A directora xeral de Formación para o Emprego e Orientación Laboral, Zeltia Lado, destacou hoxe, na visita que realizou ás instalacións en Santiago de Compostela da Federación de Asociacións de Familiares e Persoas con Enfermidade Mental de Galicia (Feafes), o programa Galicia Emprega Discapacidade–Exclusión Social, dotado con 40 millóns de euros, co que a Xunta apoia a inserción laboral das persoas con máis dificultades para atopar un emprego, entre elas as que contan con problemas de saúde mental. Esta planificación inclúe sete iniciativas, entre as que Lado sinalou o novo programa que, en colaboración coas principais entidades de representación autonómica deste colectivo, busca a posta en marcha dun servizo de intermediación avanzada para as persoas con discapacidade; as axudas á creación e mantemento de postos de traballo en centros especiais de emprego; os apoios á creación e mantemento de emprego en empresas de inserción laboral; ou o programa de formación dual, que combina emprego e cualificación, para as persoas con discapacidade intelectual.A directora xeral, ademais, puxo en valor o Servizo de Orientación Laboral de Feafes, que naceu no 2002 e que co apoio da Xunta permitiu só o pasado ano a inserción laboral de preto de 200 persoas. En materia de orientación e, no marco da nova estratexia da Xunta en emprego, Xempre Contigo, a Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade incorporará a Galicia 136 novos orientadores laborais “para seguir impulsando unha orientación máis personalizada e adaptada a cada perfil”, apuntou Lado. A directora xeral tamén sinalou a importancia de sensibilizar ao tecido empresarial “para fomentar a contratación, apoiando a eliminación de prexuízos e estereotipos” e de avanzar en proxectos que favorezan a inserción laboral de colectivos con especiais dificultades para atopar un emprego, entre eles as persoas con problemas de saúde mental. Referiuse, por último, á Axenda Galega de Capacidades para o Emprego, tamén incluída na estratexia Xempre Contigo, coa que o Goberno galego busca avanzar no desenvolvemento das cualificacións das persoas desempregadas e ocupadas, adaptando as súas habilidades ao que demandan as empresas para favorecer o crecemento e a mellora da competitividade empresarial.


Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Etiquetas

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo

La Tarde

Pilar Cisneros y Fernando de Haro.

Reproducir
Directo La Tarde

La Tarde

Pilar Cisneros y Fernando de Haro.

Escuchar