• Viernes, 19 de abril 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Xunta de Galicia

A Xunta prevé un investimento de case 965.000 ? na dixitalización da promoción da saúde, cunha plataforma de contidos que conxugará xogos, unha aplicación e vídeos

A Xunta prevé un investimento de case 965.000 € na dixitalización da promoción da saúde, cunha plataforma de contidos que conxugará xogos, unha aplicación e vídeos

Xunta de GaliciaXunta de Galicia

Tiempo de lectura: 3'Actualizado 19:20

O proxecto, financiado con fondos europeos e propios, divídese en catro fases, que van do 2022 ao 2024; segue a liña doutras iniciativas como Xanela Aberta á familia e axudará a executar varias accións do ‘Plan de Obesidade Zero en Galicia’

Desenvolverase un planificador de comidas de alimentos de temporada para a infancia e a mocidade ou un video guiado de adestramento físico persoal

Santiago de Compostela, 6 de agosto de 2022.–Co fin de dixitalizar a promoción da saúde e crear contidos que fomenten estilos de vida saudable, a Xunta vén de licitar esta semana o desenvolvemento e posta en marcha de diversos contidos web, experiencias de realidade mixta e a creación dunha aplicación. Estas ferramentas xirarán arredor dunha plataforma de xestión de contido común. O obxectivo de dita plataforma é promover, formar e informar sobre hábitos de vida saudable.O presuposto base de licitación rolda os 965.000 euros. Esta contía componse de fondos FEDER REACT–UE e fondos propios. Segundo se especifica na resolución, os traballos divídense en 4 fases que van dende o 2022 ata o 2024. Entre as accións a desenvolver, contémplase a creación de contidos que favorezan a gamificación, tales como xogos, vídeos e outras ferramentas interactivas. En total, contémplanse 4 ámbitos: alimentación saudable, actividade física, benestar emocional e hixiene do sono e condutas aditivas. Cada un destes ámbitos acolle diversas propostas. Por exemplo, dentro da alimentación saudable, proponse un planificador de comidas de alimentos galegos de temporada. Esta actividade diríxese a nenos e adolescentes. Xa no ámbito da actividade física, figura un vídeo guiado de adestramento persoal dirixido a nenos, adolescentes e maiores de 65 anos. O benestar emocional e a hixiene do sono é outro dos aspectos en que incide este proxecto. Neste senso, recóllese a proposta de sesións de ioga en liña con asistente virtual. Ademais de promover a alimentación saudable, a actividade física, o benestar emocional e a hixiene do sono, tamén se incide en accións que axuden a previr as condutas aditivas, como por exemplo un vídeo didáctico orientado á súa prevención dentro da familia. Deste xeito, a Consellería de Sanidade, a través da Dirección Xeral de Saúde Pública, segue a dar pasos en firme nunha das súas liñas estratéxicas: o fomento de estilos de vida saudables. Tras a posta en marcha de Xanela Aberta á familia ou a guía “O ABC do consello alimentario na infancia”, a Consellería de Sanidade presentou nos últimos meses o Plan de Obesidade Zero en Galicia. Un plan desenvolto coa participación dos distintos sectores sociais e que está a ser obxecto de tramitación parlamentaria para pechar un texto co máximo consenso posible. A través da conxugación do binomio educación e contorna, este documento identifica accións encamiñadas á alfabetización da saúde e á promoción de contornas saudables e seguras.O seu desenvolvemento implicará o traballo conxunto das administracións, tanto autonómicas como locais; ademais do dos axentes sociais e empresariais, mediante a abordaxe da saúde en todas as políticas e coa saúde pública actuando como bisagra na coordinación dos distintos actores. O desenvolvemento deste Plan e as ferramentas dixitais dispoñibles a través deste novo contrato farán que Galicia estea á vangarda na prevención do exceso de peso e a obesidade en toda a poboación.
Os contidos que se xerarán a través deste novo contrato uniranse a outros recursos que a Xunta puxo a disposición das familias galegas nos últimos anos. Así, desde o ano pasado, funcionaXanela Aberta á familia , un sitio web con información útil sobre a saúde materno infantil e xuvenil. Neste portal, tanto familias, como pediatras e docentes poden seguir e fomentar hábitos saudables, dende o embarazo ata a adolescencia. Por outra banda, tamén en 2021 presentouse O ABC do consello alimentario na infancia , unha guía con recomendacións e pautas beneficiosas para a saúde. Trátase de dúas iniciativas que se desenvolven no marco do Proxecto Europeo Riscar, unha iniciativa de colaboración entre as administracións competentes de Portugal, Galicia, Castela e León, Estremadura e Andalucía; centrada na identificación das áreas de intervención destinadas a optimizar a saúde materna e infantil dende unha perspectiva de Saúde Pública. Normal 0 false false false GL X–NONE X–NONE


Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Etiquetas

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo

Deportes COPE Mediodía

Con José Luis Corrochano

Reproducir
Directo Deportes COPE Mediodía

Deportes COPE Mediodía

Con José Luis Corrochano

Escuchar