• Jueves, 25 de abril 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Xunta de Galicia

A Xunta pon en valor en Ribeira o obradoiro xuvenil Serra do barbanza que ofreceu a trece menores de 30 anos formación especializada en albanelería

A Xunta pon en valor en Ribeira o obradoiro xuvenil Serra do barbanza que ofreceu a trece menores de 30 anos formación especializada en albanelería

Xunta de GaliciaXunta de Galicia

Tiempo de lectura: 2'Actualizado 16:25

A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, clausurou hoxe o programa de formación e emprego no que a Xunta investiu preto de 370.000?

Sinalou o impulso do Goberno galego á formación adaptada ás necesidades actuais do mercado laboral para seguir xerando “un emprego con garantías e de proximidade”

Ribeira (A Coruña), 10 de agosto de 2022 A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, clausurou hoxe en Ribeira o obradoiro xuvenil de emprego Serra do Barbanza que permitiu, grazas á colaboración entre as administracións autonómica e local, que trece mozas e mozos recibiran formación especializada e accederan a un contrato durante 12 meses. O programa mixto de formación e emprego, que contou cun investimento da Xunta próximo aos 370.000 euros, permitiu, ademais, desenvolver diversas melloras en espazos públicos de Ribeira e Porto do Son. A conselleira, na súa intervención, salientou que formación e emprego deben ir da man “porque só a través dunha formación adaptada ás necesidades laborais actuais impulsaremos un emprego con garantías e de proximidade, vencellado ás particularidades da nosa contorna”, apuntou. Así, indicou que o Goberno galego mantén o seu compromiso con programas como os obradoiros que, segundo explicou, a través da formación e do emprego brindan opcións que combinan teoría e práctica profesional e facilitan novas oportunidades reais de inserción laboral á mocidade. Lorenzana apuntou, así mesmo, que a formación que ofrecen os obradoiros de emprego redundan no acceso a un posto de traballo “no que os alumnos e alumnas poden seguir aportando o seu talento a Galicia”. Normal 0 21 false false false ES ZH–CN AR–SA


Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Etiquetas

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo 2

Directo TRECE al día

TRECE al día

Con José Luis Pérez y Lucía Crespo

Ver TRECE