• Viernes, 19 de abril 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Xunta de Galicia

A Xunta pon en valor a dinamización do turismo galego nunha conferencia internacional celebrada en Santiago

A Xunta pon en valor a dinamización do turismo galego nunha conferencia internacional celebrada en Santiago

Xunta de GaliciaXunta de Galicia

Tiempo de lectura: 2'Actualizado 20:30

O Congreso organizado pola Asociación Internacional de Cooperación Turística (ASICOTOUR) ten lugar hoxe e mañá en Santiago

Na súa inauguración a directora de Turismo de Galicia puxo en valor a importancia deste tipo de congresos que permiten intercambiar información entre os diferentes actores do sector e analizar as melloras que se poden realizar

Galicia, Nava Castro, participou na inauguración do I Congreso Internacional de Cooperación Turística– mesa redonda "Adaptación do turismo rexional á nova realidade: casos de éxito de cooperación transfronteriza", onde puxo en valor a dinamización do turismo galego e a importancia da celebración destes foros de encontro do sector.A directora de Turismo de Galicia, indicou que os novos retos aos que se enfronta o sector turístico, como son a globalización e a competitividade, fan que este tipo de congresos sexan indispensables, xa que permite intercambiar información entre os diferentes actores do sector e analizar as melloras que se poden realizar.Ademais, na súa intervención, Castro destacou o potencial turístico que ten Galicia, incidindo en que “Galicia está de moda gracias a un modelo que fuxe das masificacións e que aposta por fórmulas tranquilas que combinan natureza, gastronomía, patrimonio e sobre todo un entorno e un destino seguro”.fixo fincapé no papel de Santiago de Compostela como meta da peregrinación internacional dende o século XI, consolidándose actualmente como un destino seguro e de calidade. Así mesmo, puxo en valor o papel do Ano Xacobeo na recuperación da oferta turística da nosa comunidade, subliñando o éxito de chegada de peregrinos coa mellora sanitaria, con máis de 80.000 Compostelas seladas no que vai de ano.O Congreso organizado pola Asociación Internacional para a Cooperación Turística (ASICOTUR) ten como finalidade o fomento da cooperación entre destinos do sector turístico mediante a transferencia de coñecementos entre eles. Durante os dous días de duración do congreso, impartiranse conferencias por parte de especialistas no sector e realizaranse mesas redondas onde diferentes actores intercambiarán puntos de vistas sobre temas de actualidade do sector turístico. Normal 0 false false false GL X–NONE X–NONE


Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.


Etiquetas

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo