COPE

Xunta de Galicia

A Xunta patrocina con 5.000 euros o Arousa Fútbol 7 que comeza a súa fase final este venres

A Xunta patrocina con 5.000 euros o Arousa Fútbol 7 que comeza a súa fase final este venres

Xunta de GaliciaXunta de Galicia

Tiempo de lectura: 2'Actualizado 17:55

O torneo que se celebra en Ribadumia conta “cun dos mellores carteis de fútbol base do mundo” configurado por equipos procedentes de España, Portugal, Bélxica, Francia, Inglaterra e Estados Unidos entre os que destacan o Real Madrid e o Barcelona, o Benfica e o Porto, o Genk, o París Saint Germain, o Manchester City ou o Dallas

O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, asinou o contrato de patrocinio da XXV Edición do Campionato Arousa Fútbol 7 co presidente da Asociación Arousa Fútbol 7, Manuel Diz. O mandatario galego destacou a importancia dun campionato que cualificou como “un dos mellores torneos de fútbol base internacional” e valorou o esforzo dos máis pequenos e pequenas que durante a crise sanitaria “déronnos unha auténtica lección de comportamento e cumprimento das restricións, posibilitando que hoxe poidamos desfrutar de grandes eventos como o Arousa Fútbol 7”. A tenor do contrato asinado, a Xunta de Galicia destina 5.000 euros ao torneo de Ribadumia que comeza este venres 27 de maio despois de tres anos de espera pola pandemia. Lete Lasa destacou a capacidade de organización demostrada polo torneo que xa celebrou a súa fase previa cuns 70 equipos dos que se clasificaron para a fase final o Pabellón de Ourense, o Areosa, o Estrada e o Xuventude Oroso. Estes equipos súmanse a “un dos mellores carteis de fútbol base do mundo” configurado por equipos procedentes de España, Portugal, Bélxica, Francia, Inglaterra e Estados Unidos entre os que destacan o Real Madrid e o Barcelona, o Benfica e o Porto, o Genk, o París Saint Germain, o Manchester City ou o Dallas.O responsable do Deporte galego destacou o gran papel que as rapazas están a facer neste torneo e subliñou que algunhas delas, como Claudia Sande do Calasanz acadou o MVP da xornada do 16 de abril. Neste sentido salientou a importancia de transmitir os valores da igualdade aos máis pequenos, como leva anos facendo o Arousa Fútbol 7. “Queremos que do Arousa Fútbol 7 sigan saíndo grandes futbolistas como Ansu Fati, Ferran Torres, Bernardo Silva, Dani Carvajal ou Sergio Canales, que nalgún momento visitaron o Salnés, pero tamén queremos que as rapazas sexan as vindeiras Alexia Putellas, Megan Rapinoe ou, como non, Vero Boquete”. Normal 0 false 21 false false false ES ZH–CN AR–SA


Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.


Etiquetas

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo

Directo Herrera en COPE

Herrera en COPE

Con Carlos Herrera

Escuchar