• Jueves, 25 de abril 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Xunta de Galicia

A Xunta organiza en Lalín un obradoiro de iniciación á análise sensorial dos queixos galegos con denominación de orixe protexida

A Xunta organiza en Lalín un obradoiro de iniciación á análise sensorial dos queixos galegos con denominación de orixe protexida

Xunta de GaliciaXunta de Galicia

Tiempo de lectura: 2'Actualizado 16:05

A Oficina Agraria Comarcal de Lalín, dependente da Consellería do Medio Rural, ten previsto celebrar unha acción de formación profesional e adquisición de competencias básicas de análise sensorial dos queixos galegos con denominación de orixe protexida. O obradoiro impartirase no Pazo de Azunxao do 3 ao 5 de outubro, cun horario de tarde dende as 16:00 horas ata as 21:00 horas. O programa deste curso trata unha serie de aspectos sobre as cualidades e características destes produtos. Isto inclúe nocións relativas á historia das denominacións de orixe, dos queixos incluídos nelas e dos diferentes consellos reguladores, entre outros aspectos. Así mesmo, tamén se farán catas de queixos con denominación de orixe, tanto na modalidade de cata a cegas como contando con fichas comentadas e produtos de referencia.A Axencia Galega da Calidade Alimentaria, a través da formación non regrada e dentro do Plan de formación continua 2022, pretende neste caso que os asistentes aprendan o esencial para recoñecer as cualidades organolépticas, saber identificalas e recoñecelas no produto sempre tendo en conta as cualidades e características das denominacións de orixe protexida. Esta formación é necesaria para poder diferenciar as características esixidas por cada consello regulador, e así protexer os produtos pertencentes á denominación de orixe dos que non reúnan as cualidades necesarias.Cómpre lembrar que a Consellería do Medio Rural conta cun plan de accións formativas e de transferencia para este ano 2022 que pode consultarse no seguinte enlace: https://ovmediorural.xunta.gal/gl/consultas–publicas/accions–formativas. Precisamente nesta páxina pode atoparse o referido curso e facer a preinscrición en liña cubrindo os datos necesarios. O coordinador poñerase en contacto coas persoas interesadas a través do correo electrónico comunicándolle se están ou non admitidas. Para consultar calquera dúbida, pode chamarse ao teléfono 886 159 476, ou enviarse un correo a juan.antonio.ortega.martinez@xunta.gal. Normal 0 21 false false false GL


Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Etiquetas

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo

La Tarde

Pilar Cisneros y Fernando de Haro.

Reproducir
Directo La Tarde

La Tarde

Pilar Cisneros y Fernando de Haro.

Escuchar