• Jueves, 25 de abril 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Xunta de Galicia

A Xunta licita o proxecto para construír dúas piscinas públicas e un centro BTT no Concello de Outeiro de Rei

A Xunta licita o proxecto para construír dúas piscinas públicas e un centro BTT no Concello de Outeiro de Rei

Xunta de GaliciaXunta de Galicia

Tiempo de lectura: 2'Actualizado 11:05

A intervención incluirá a adecuación da parcela e a correspondente urbanización así como a construción das novas edificacións previstas e dos servizos complementarios

O proxecto enmárcase no plan Hurbe, un programa posto en marcha no ano 2010 para axudar ás entidades locais a executar actuacións destinadas a crear, mellorar e integrar coa contorna espazos de uso público e equipamentos urbanos

Santiago de Compostela, 13 de agosto de 2022A Xunta vén de licitar o proxecto para a construción de dúas piscinas públicas e un centro BTT para bicicletas de montaña, cun investimento total previsto de máis de 1,1 millóns de euros, do cal o 70% será achegado polo departamento galego e o 30% restante polo Goberno municipal. O obxectivo da intervención é dotar ao municipio lucense dunha nova área deportiva e recreativa que terá como elemento principal o complexo acuático e os servizos complementarios asociados.O ámbito de intervención correspóndese cunha parcela que ten unha superficie aproximada de 2.688 metros cadrados, localizada en Santa Isabel, preto da área recreativa do mesmo nome ao carón do Miño. O primeiro paso será a adecuación dos terreos nos que se proxecta o complexo, para de seguido acometer a construción das instalacións previstas e a urbanización do entorno. A instalación central serán as dúas piscinas municipais ao aire libre, unha delas de uso infantil e a outra para adultos, que contarán con zonas destinadas a usos complementarios así como para aseos e vestiarios de uso público e área de enfermería.A tal fin, o proxecto inclúe a construción dunha edificación que albergue, ademais das instalacións necesarias para dar servizo ás piscinas, estancias aptas para outras actividades. En concreto, unha cafetería con espazo para almacén, cociña e baños propios; e un centro BTT cunha zona taller para reparación das bicicletas, unha área exterior de lavado e aseos de uso exclusivo e independente para os seus usuarios.Esta actuación enmárcase nos obxectivos do plan Hurbe, un programa impulsado pola Xunta no ano 2010 para axudar ás entidades locais a executar proxectos urbanísticos destinados á creación, mellora e humanización de espazos e infraestruturas de uso público e colectivo. Normal 0 false false false ES ZH–CN AR–SA


Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Etiquetas

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo

La Tarde

Pilar Cisneros y Fernando de Haro.

Reproducir
Directo La Tarde

La Tarde

Pilar Cisneros y Fernando de Haro.

Escuchar