• Jueves, 25 de abril 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Xunta de Galicia

A Xunta licita as obras para mellorar espazos públicos nos concellos de Bande e Os Blancos, cun investimento total de máis de 200.000 ?

A Xunta licita as obras para mellorar espazos públicos nos concellos de Bande e Os Blancos, cun investimento total de máis de 200.000 €

Xunta de GaliciaXunta de Galicia

Tiempo de lectura: 3'Actualizado 17:50

No caso de Bande, a intervención consistirá na reforma da praza, da zona do mercado e da biblioteca

No Concello dos Blancos acondicionaranse as beirarrúas da vía principal do núcleo e conectaranse as baixantes á rede de recollida de pluviais

Ambos proxectos enmárcanse no plan Hurbe, un programa posto en marcha no ano 2010 para axudar ás entidades locais a executar actuacións destinadas a crear, mellorar e integrar coa contorna espazos de uso público e equipamentos urbanos

Santiago de Compostela, 16 de agosto de 2022A Xunta vén de licitar obras para nos concellos ourensáns de Bande e dos Blancos para a execución de cadanseu proxecto urbanístico destinado á mellora e humanización de espazos públicos. O investimento total previsto entre ambas actuacións ascende a máis de 200.000 euros. En concreto, no Concello de Bande acometerase a reforma da praza da Constitución, da zona do mercado e da biblioteca do concello, actuacións que requirirán dun investimento estimado de máis de 120.000 euros a cofinanciar entre ambas administracións ?a achega da Xunta será dun 70% e a do Goberno local, dun 30%?.Os traballos, cun prazo de execución de 5 meses, recuperarán este espazo público, un lugar concibido para o esparexemento e o lecer e con vistas privilexiadas ao Xurés, a través dunha mellora urbanística que incida, sobre todo, na continuidade do conxunto.Para iso, o proxecto centrarase en resolver a accesibilidade dos distintos niveis existentes, lonxitudinal e transversalmente. As obras incluirán o derrubamento e levantado do terrazo e dos chanzos de unión, obras de saneamento e drenaxe, renovación do pavimento con terrazo sobre soleira de formigón, lastro nas zonas de pendente que envolven a biblioteca, lousa na fonte e cantaría en chanzos e bordos. Tamén se mellorará o mobiliario, coa colocación de bancos de madeira e de formigón nos ámbitos da biblioteca e da nova balconada, resultado da valorización do muro de cantería para que sirva de transición entre os distintos niveis e potencie as vistas.En canto á intervención nos Blancos, terá un custo estimado de máis de 80.000 euros que achegará tamén nun 70% a Xunta e nun 30% o Concello. A finalidade é acondicionar e mellorar as beirarrúas no viario principal do núcleo dos Blancos, xa que nestes momentos presentan un estado moi deficiente e desniveis que provocan que a auga se estanque e non evacúe de forma correcta. O obxectivo da actuación, cun prazo estimado de 5 meses, é mellorar a accesibilidade dos viandantes e renovar o aspecto da zona.As obras previstas consistirán na demolición e retirada das lousas da beirarrúa ?moitas das cales están soltas e rotas polas filtracións? e no levantado do bordo actual para, a continuación, volver pavimentar, colocar lousas de formigón hidráulico e novos bordos de granito. Ademais e co fin de resolver o problema que supón que as baixantes das cubertas evacúen directamente nas beirarrúas, acometerase a súa conexión coa rede de pluviais que vai pola marxe da vía a través dunha tubaxe de PVC. Ambos acordos de cooperación enmárcanse nos obxectivos do plan Hurbe, un programa impulsado pola Xunta no ano 2010 para axudar ás entidades locais a executar proxectos urbanísticos destinados á creación, mellora e humanización de espazos e infraestruturas de uso público e colectivo mediante convenios nos que se regulan as bases da colaboración técnica e económica entre Administración local e autonómica. Normal 0 false false false ES ZH–CN AR–SA


Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Etiquetas

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo

La Tarde

Pilar Cisneros y Fernando de Haro.

Reproducir
Directo La Tarde

La Tarde

Pilar Cisneros y Fernando de Haro.

Escuchar