• Martes, 23 de abril 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Xunta de Galicia

A Xunta leva a teleasistencia aos fogares de máis de 10.000 persoas maiores con dependencia

A Xunta leva a teleasistencia aos fogares de máis de 10.000 persoas maiores con dependencia

Xunta de GaliciaXunta de Galicia

Tiempo de lectura: 2'Actualizado 18:00

Os orzamentos de 2023 incrementan nun 55% os fondos destinados a este servizo, ata acadar os 11,5 millóns de euros

O director xeral de Maiores e Atención Sociosanitaria, Antón Acevedo, destacou esta tarde o novo impulso que a Xunta está a dar á Teleasistencia para superar os 10.000 maiores con dependencia que teñen apoios tecnolóxicos nas súas casas. Díxoo nas Xornadas estatais de servizos tecnolóxicos dixitais organizadas por Cruz Vermella e que se desenvolven ata pasado mañá, xoves, no Palacio de Exposicións e Congresos da Coruña (Palexco).Antón Acevedo destacou o traballo conxunto coa Cruz Vermella para impulsar a Teleasistencia, que permite ao maiores recibir a atención que necesitan nos seus domicilios con tan só premer un botón. Ao respecto, explicou que nos orzamentos do vindeiro ano os fondos para este servizo suben un 55%, ata acadar os 11,5 millóns de euros. Isto pon de manifesto, engadiu, a vontade do Executivo autonómico de aproveitar as vantaxes que ofrecen os avances técnicos para mellorar a atención aos maiores, tal e como se recolle no novo modelo de coidados de Galicia. Así mesmo, o director xeral apuntou que “destinaremos máis diñeiro que nunca ao maiores para que vivan onde viva poidan pasar esta etapa de acordo ás súas preferencias e necesidades”. Con este fin, o Goberno galego está a redobrar a súa aposta por aqueles servizos de proximidade que lles permitan ás persoas de máis idade ver cumprido o seu desexo de envellecer na súa contorna. Este é o caso do Servizo de Axuda no Fogar (SAF), que leva coidados profesionais ás casas de máis de 25.000 maiores; o programa de Coidados Porta a Porta, que achega por todo o territorio galego servizos gratuítos de podoloxía, audioloxía e estimulación da memoria que xa atenderon no que vai de ano a máis de 22.000 persoas; ou o centenar de casas do maior existentes por toda a Comunidade Autónoma


Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Etiquetas

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo 2

Directo TRECE al día

TRECE al día

Con José Luis Pérez y Lucía Crespo

Ver TRECE