COPE

Xunta de Galicia

A Xunta leva apoiados máis de 2.900 proxectos que melloran a competitividade das pemes galegas a través do programa ReAcciona

A Xunta leva apoiados máis de 2.900 proxectos que melloran a competitividade das pemes galegas a través do programa ReAcciona

Xunta de GaliciaXunta de Galicia

Tiempo de lectura: 3'Actualizado 13:15

Esta liña suma preto de 13 millóns de euros en axudas desde a súa posta en marcha en 2012, facilitando o acceso a diferentes servizos co asesoramento de expertos en ámbitos como o desenvolvemento estratéxico, a dixitalización e a innovación

O programa, de carácter eminentemente práctico, busca a profesionalización do tecido empresarial galego ao dotalo dun valor engadido que permita acelerar o proceso de mellora e incorporar novos coñecementos á estrutura das compañías

Co obxectivo de capacitar ás pemes ante os novos retos do mercado, en 2021 activouse o novo paquete ReAcciona covid–19, que sumou cinco novos servizos que atenden á situación económica xerada pola pandemia

programa ReAcciona, impulsado pola Vicepresidencia primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación a través do Igape, leva prestado a máis de 2900 proxectos desde a súa posta en marcha en 2012, o que permitiu mellorar a competitividade das pemes galegas, facilitándolles o acceso a servizos de alto valor engadido coa colaboración e asesoramento de expertos. En total, a través das súas diferentes edicións, o ReAcciona suma preto de 13 millóns de euros en apoios que mobilizan un investimento público–privado final de 15,5 millóns. Con este programa promóvese o acceso a servizos de alto valor engadido co apoio de expertos en ámbitos como o desenvolvemento estratéxico, a dixitalización e a innovación. Durante estes anos, en Galicia puideron impulsarse servizos en ámbitos moi diversos, como o relanzamento comercial, os centrados na produción e cadea loxística, ou os de análise do potencial competitivo. No eido da transformación dixital, as empresas solicitaron diagnósticos de Industria 4.0 e de dixitalización, ademais de solucións de xestión e mobilidade dixital e apoio no márketing. Así mesmo, tamén se teñen impulsado servizos en innovación, para axudar ás pemes galegas no deseño de produtos e servizos innovadores, afondando na protección e financiamento dos mesmos; ou no ámbito do desenvolvemento estratéxico, a profesionalización e a dixitalización, con servizos relativos á implantación dunha estratexia dixital da empresa, á ciberseguridade ou o márketing de contidos. e carácter eminentemente práctico, no desenvolvemento do programa teñen colaborado a Vicepresidencia económica –a través do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) e da Axencia Galega de Innovación (Gain)– e a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega). Durante este tempo, tense adaptado á realidade do tecido empresarial galego. Neste sentido, no 2020 púxose en marcha a liña específica ReAcciona covid–19, que permitiu cooperar coas pemes na conxuntura económica marcada pola pandemia, contribuíndo ao seu impulso e recuperación. Cun orzamento de 3,6 millóns, ReAcciona covid–19 sumou cinco novos servizos que atenderon á situación económica xurdida naquel momento. As empresas galegas puideron acceder, así, a prestacións especializadas no relativo á adecuación dos estados financeiros, á transmisión ou adquisición de unidades produtivas, á análise de mercados internacionais, á elaboración de plans estratéxicos de internacionalización e á implementación de procesos acordes á economía circular. Normal 0 21 false false false ES ZH–CN AR–SA


Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Etiquetas

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo

Directo Mediodía COPE

Mediodía COPE

Pilar García Muñiz

Escuchar