• Martes, 23 de abril 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Xunta de Galicia

A Xunta inviste 4,2 M? nun novo programa de axudas para a contratación de 200 persoas desempregadas menores de 29 anos en organismos intermedios

A Xunta inviste 4,2 M€ nun novo programa de axudas para a contratación de 200 persoas desempregadas menores de 29 anos en organismos intermedios

Xunta de GaliciaXunta de Galicia

Tiempo de lectura: 2'Actualizado 12:20

Estes novos apoios poderán solicitarse ata o próximo 27 de febreiro

Poderán optar ás axudas entidades sen ánimo de lucro como asociacións empresariais sectoriais ou intersectoriais, incluídas as de carácter tecnolóxico, consellos reguladores, clústeres ou agrupacións industriais empresariais, entre outros

no Diario Oficial de Galicia (DOG) un novo programa de axudas da Xunta dirixido á contratación de persoas desempregadas de entre 18 e 29 anos en organismos intermedios sen ánimo de lucro que se atopen inscritos no correspondente rexistro e dispoñan dun centro de traballo na comunidade galega. Así, poderán acceder a estes novos apoios autonómicos da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade (poden solicitarse ata o próximo 27 de febreiro) asociacións empresariais sectoriais ou intersectoriais, incluídas as de carácter tecnolóxico; consellos reguladores de denominacións de orixe protexidas, de indicacións xeográficas protexidas e de agricultura ecolóxica; agrupacións industriais empresariais (con personalidade xurídica propia, sen ánimo de lucro e domiciliadas en Galicia), que representen a un colectivo de empresas galegas; clústeres empresariais; ou asociacións de persoas autónomas.A Xunta estima que se poidan contratar a través desta iniciativa unhas 200 persoas mozas desempregadas, sempre que estean inscritas no ficheiro do Sistema Nacional de Garantía Xuvenil no ámbito de Galicia. O programa, que conta cun orzamento superior aos 4,2 millóns de euros, ten por obxecto proporcionarlles unha experiencia e práctica profesional que facilite a súa inserción laboral. Os contratos terán unha duración de polo menos nove meses e a a xornada será a tempo completo. A actuación forma parte do Plan Emprega Xuventude 2023 co que a Xunta está a impulsar o emprego entre a mocidade galega cun investimento próximo aos 30 millóns de euros para formar e incrementar as oportunidades laborais duns 2.000 galegas e galegos.


Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Etiquetas

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo

La Tarde

Pilar Cisneros y Fernando de Haro.

Reproducir
Directo La Tarde

La Tarde

Pilar Cisneros y Fernando de Haro.

Escuchar