• Jueves, 25 de abril 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Xunta de Galicia

A Xunta informa os comerciantes pontevedreses do novo programa de axudas por 6M? para a transformación dixital e a modernización do sector

A Xunta informa os comerciantes pontevedreses do novo programa de axudas por 6M€ para a transformación dixital e a modernización do sector

Xunta de GaliciaXunta de Galicia

Tiempo de lectura: 2'Actualizado 18:00

O director xeral de Comercio e Consumo, Manuel Heredia, participou esta mañá nunha xornada celebrada na sede de APE Galicia para informar da convocatoria, aberta ata o próximo 23 de xuño

Mediante esta iniciativa, que incrementa o seu orzamento nun 20% con respecto ao ano pasado, apoiaranse actuacións como a implantación e o mantemento de páxinas web, márketing dixital, loxística ou xestión de redes sociais, ademais da adquisición de equipamentos

Normal 0 false false false ES ZH–CN AR–SA Pontevedra, 25 de maio de 2022.–O director xeral de Comercio e Consumo, Manuel Heredia, participou hoxe en Pontevedra nunha xornada informativa, celebrada na sede de APE Galicia, para informar os comerciantes pontevedreses do novo programa de axudas para impulsar a transformación dixital e a modernización do comercio galego de proximidade e do sector artesán. Esta orde de axudas, da que se poden beneficiar pemes comerciais de menos de 20 traballadores e obradoiros artesáns, incrementa nun 20% o seu orzamento con respecto ao ano pasado. Tal e como explicou Heredia, a través desta iniciativa, cuxo prazo de presentación de solicitudes está aberto ata o próximo 23 de xuño, búscase apoiar ao sector comercial e artesán para que aproveite todas as oportunidades tecnolóxicas e do contexto actual para conectar co cliente, ofrecendo unha experiencia de compra única e personalizada, adaptada ao novo consumidor. O obxectivo é que a mobilización público–privada acade os nove millóns de euros.O programa, cunha intensidade de axuda do 80% do investimento subvencionable, inclúe dúas liñas de actuación. A primeira delas céntrase na dixitalización, e inclúe diferentes tipos de apoio en función do posicionamento previo dos beneficiarios neste eido, do número de empregados e se teñen ou non tenda física. Entre as actuacións subvencionables inclúense a implantación de páxinas web e a adquisición de equipamentos informáticos; ferramentas de márketing dixital; loxística para o comercio electrónico; sistemas dixitais de stock integrado no punto de venda e de control de acceso; así como xestores de redes sociais e o mantemento da páxina web, entre outros aspectos. O importe máximo das axudas que se poden obter neste apartado é de 17.600 euros. Por outra banda, a través da liña de modernización, pódense obter apoios de ata 5600 euros para a adquisición de equipamentos propios da actividade comercial e artesanal. Os artesáns galegos teñen tamén ao seu dispor o programa de axudas para o fomento da comercialización da Artesanía de Galicia, dotado con 265.000 euros. Esta convocatoria , cuxo prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o 13 de xuño, inclúe apoios de ata 8000 euros para os obradoiros artesanais que participen en feiras nacionais ou internacionais. Os concellos e as asociacións profesionais e empresariais artesanais que organicen feiras no ámbito de Galicia poderán obter axudas de ata 15.000? e 18.000?, respectivamente.


Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.


Etiquetas

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo 2