• Viernes, 29 de marzo 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Xunta de Galicia

A Xunta incrementa o apoio aos museos galegos para a actualización e conservación dos seus fondos e mellorar a súa difusión

A Xunta incrementa o apoio aos museos galegos para a actualización e conservación dos seus fondos e mellorar a súa difusión

Xunta de GaliciaXunta de Galicia

Tiempo de lectura: 3'Actualizado 14:20

Ábrese a nova convocatoria das axudas por 200.000 euros das que, na primeira edición, xa se beneficiaron unha vintena de centros públicos e privados


Auméntase o importe que poden acadar os beneficiarios para inventariar, catalogar e documentar fondos ou ofrecer actividades didácticas, entre outras

O prazo para presentar as solicitudes remata o 26 de decembro

A Xunta de Galicia vén de lanzar a nova convocatoria da liña de axudas de apoio aos centros museísticos, que incrementa o apoio que recibirá cada beneficiario, pasando dos pasando de 7.000 a 10.000 euros.As axudas permiten actualizar os fondos e facilitar as tarefas de conservación, investigación e difusión. Na primeira edición, que se lanzou o ano pasado, xa se beneficiaron unha vintena de centros de toda Galicia.Diario Oficial de Galicia (DOG) , a convocatoria está dotada de 200.000 euros, e poden optar entidades locais e privadas sen fin de lucro galegas, titulares de museos, coleccións museográficas ou centros de interpretación inscritas no Rexistro Xeral de Centros Museísticos de Galicia que cumpran os requisitos establecidos na orde.Sufráganse actividades dirixidas a inventariar, catalogar e documentar os fondos da colección permanente, así como para a adquisición de equipamento para a conservación preventiva dos fondos.Tamén se apoian as accións que sirvan para actualizar a exposición permanente e organizar mostras temporais, d eseñar e ofrecer actividades didácticas e de difusión acordes coa súa temática e ámbito de actuación, promovendo o respecto dos dereitos humanos e a igualdade de xénero. A orde de axudas tamén se centra en apoiar a creación ou renovación da páxina web do centro, así como traballos de investigación, edición e tradución de publicacións científicas e divulgativas e apoiar o plan de difusión e comunicación dos centros museísticos. Do total do investimento, 100.000 ? estarán destinados a entidades locais e os outros 100.000 ? a entidades sen fin de lucro. A axuda máxima por beneficiario que concederá a Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades será de 10.000? por proxecto. Poderán presentarse ata o 26 de decembro. Na primeira edición, convocada o ano pasado, beneficiáronse un total de 19 centros museísticos dos concellos de Baiona, Boiro, Carral, Fene, Laxe, Marín, A Pobra do Caramiñal, Valga e Vilar de Santos e a Deputación de Lugo. No apartado das entidades que xestionan centros museísticos os beneficiarios foron a Universidade de Santiago de Compostela, Anfaco, Mosteiro de San Paio de Antealtares, Fundación Eugenio Granell, Asociación de Amigos Muvicla, Fundación Museo de Artes, Diocese de Tui–Vigo, Padroado do Museo Comarcal da Fonsagrada e a Asociación Padroado do Museo Etnográfico da Capela.Estas axudas dan continuidade ao traballo levado a cabo polo Goberno autonómico para o impulso dos centros museísticos tras a aprobación, en 2021 da Lei de Museos de Galicia, coa que se está a mellorar a coordinación das políticas públicas de xestión das arredor de 90institucións museísticas rexistradas na nosa Comunidade, tanto públicas como privadas.Ademais a Xunta reforzou a contratación de persoal en formación duplicando as bolsas de formación en materia de museos, das que se benefician 20 persoas que veñen de ver renovada a súa contratación durante seis meses máis. Outra das medidas é a creación do Consello de Centros Museísticos, o órgano asesor que intensificará a participación do sector cultural na xestión e mellora dos museos.


Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Etiquetas

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo

Vía Crucis de Penitencia desde Ávila

Especial de Semana Santa

Reproducir
Directo Vía Crucis de Penitencia desde Ávila

Vía Crucis de Penitencia desde Ávila

Especial de Semana Santa

Escuchar