• Jueves, 25 de abril 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Xunta de Galicia

A Xunta impulsará nos vindeiros meses as agrupacións forestais de xestión conxunta da Lei de recuperación para fomentar a sustentabilidade do monte galego

A Xunta impulsará nos vindeiros meses as agrupacións forestais de xestión conxunta da Lei de recuperación para fomentar a sustentabilidade do monte galego

Xunta de GaliciaXunta de Galicia

Tiempo de lectura: 4'Actualizado 22:31

? José González destacou que esta norma xa propiciou a posta en marcha de 21 aldeas modelo e doutros tantos polígonos agroforestais

? Resaltou, entre outros datos, o de que Galicia é a novena potencia forestal europea e fixo especial fincapé na importancia da xestión activa do territorio como fórmula para loitar contra o abandono e fronte aos incendios forestais

? Enmarcou tamén estas políticas no Plan Forestal de Galicia 2021–2040 que, salientou, está dotado cun orzamento público–privado de 4.900 millóns de euros e que avanza “cara á neutralidade carbónica”

? Avogou por un monte ordenado, xestionado e multifuncional, así como resiliente, diverso e saudable, un “bosque do futuro para a Galicia do futuro”

? Sobre a Estratexia forestal europea e a de Biodiversidade aprobadas deica 2030, apostou por que teñan en conta aos silvicultores e os inventarios forestais nacionais e rexionais para acadar unha xestión activa e sustentable dos montes

Normal 0 false false false Burdeos (Francia), 29 de setembro de 2022 Os vindeiros meses serán “fundamentais” para dar impulso ás agrupacións forestais de xestión conxunta, unha ferramenta que regula a Lei de recuperación da terra agraria de Galicia e que persegue fomentar unha xestión agrupada e sustentable dos montes, coa fin de recuperalos e poñelos en valor. Así o sinalou hoxe o conselleiro do Medio Rural, José González, na súa intervención nunha mesa redonda sobre Estratexia forestal no sur de Europa, no marco das xornadas Os bosques do sur de Europa ante o cambio climático e os retos do mercado, que se desenvolven na cidade francesa de Burdeos. Neste foro, o conselleiro destacou que a devandita lei xa propiciou a posta en marcha de 21 aldeas modelo e doutros tantos polígonos agroforestais, que se atopan –estes últimos– en distintas fases de execución. González definiu estes instrumentos como “tremendamente valiosos”, xa que cumpren unha función tan importante como é a da planificación preventiva. Así, engadiu, crean devasas naturais que acoutan as posibilidades de afectación dos incendios forestais e contribúen decisivamente a loitar contra o abandono.Deste xeito, afirmou o conselleiro, as ferramentas creadas por esta norma facilitan a recuperación de zonas degradadas, aumentan a biodiversidade, favorecen a diversificación da produción e proporcionan multitude de servizos ecosistémicos, ao tempo que se xera unha paisaxe diversificada e resiliente.Nesta xornada forestal de Burdeos o conselleiro estivo acompañado polo director xeral de Planificación e Ordenación Forestal, José Luis Chan, e polo director da Axencia Galega da Industria Forestal, Jacobo Aboal. Na súa intervención destacou, entre outros datos, o de que Galicia é a novena potencial forestal europea e fixo especial fincapé na importancia da xestión activa do territorio como fórmula para loitar contra o abandono e fronte aos incendios forestais. Nesta liña, José González considerou que antes de aumentar a superficie arborada, os esforzos deben centrarse en poñer en valor e xestionar activamente as actuais masas arboradas e valorar a limitación de certas plantacións monoespecíficas de determinadas especies, como ocorreu en Galicia co eucalipto naquelas superficies onde non o había.O conselleiro enmarcou tamén estas políticas no Plan Forestal de Galicia 2021–2040 que, resaltou, está dotado cun orzamento público–privado de 4.900 millóns de euros e que avanza “cara á neutralidade carbónica”. Este plan, engadiu, “eríxese como a ferramenta necesaria para comezar a avanzar no papel da silvicultura e a xestión forestal sustentable como mecanismo fundamental para alcanzar un territorio resistente”. Ademais, salientou que este plan se asenta sobre os compromisos de transición verde, biodiversidade, neutralidade climática e consumo responsable para acadar ese desenvolvemento sustentable, xerando emprego e economía verde baixa en carbono.Neste sentido, o conselleiro indicou que o que se persegue é “unha conservación do monte mediante a súa xestión activa”, a través dun novo status de silvicultor activo e o apoio “sen reservas” ás asociacións e agrupacións de propietarios forestais, apostando tamén pola sanidade forestal e a prevención e defensa contra os incendios, un obxectivo que –trasladou– acompáñase adicionalmente coa actualización da Lei de loita integral contra os incendios forestais.En parecidos termos, José González avogou por un monte “ordenado, xestionado, multifuncional e que permita desenvolver capacidades e capacitar ás persoas para unha bioeconomía forestal sustentable, que abarque todos os usos da madeira”. Trátase de estreitar “as marxes entre produto, silvicultor e transformador”, remarcou.Así, o conselleiro defendeu un monte resiliente, diverso e saudable, un “bosque do futuro para a Galicia do futuro” e para logralo propugnou unha cooperación máis estreita, sobre todo en materia de investigación e innovación, ou de garantir un financiamento superior para impulsar esa xestión forestal sustentable e activa, por parte dos propietarios forestais.Na súa intervención, o titular de Medio Rural sinalou que a Estratexia Forestal Europea 2030 debe ter en conta as diferenzas entre os bosques dos distintos países en base aos inventarios forestais nacionais e rexionais, así como a opinión experta dos silvicultores. Nesa liña, dixo que Galicia entende que debe ser a xestión forestal activa e sustentable o compoñente clave para a aplicación de dita estratexia.Canto á Estratexia de biodiversidade, José González apuntou que a protección dun 30% do territorio, do cal un 10% debe converterse nunha protección estrita, pode levar ao abandono e –a longo prazo– a perturbacións como riscos fitosanitarios ou grandes incendios forestais. Nese senso, fixo fincapé en que a función ecolóxica dos montes non pode prevalecer sobre as demais senón que se pode avogar por unha bioeconomía forestal sustentable para os produtos de madeira en ciclos de longa duración, velar polo uso sostible dos recursos baseados en madeira para a bioenerxía baixo un principio de cascada e promover a bioeconomía forestal de produtos non madeireiros, incluído o ecoturismo e os bosques.A maiores, aseverou que o sector forestal da UE é un ingrediente esencial na receita para alcanzar o obxectivo de neutralidade de carbono en 2050, xa que contribúe á mitigación do cambio climático de tres maneiras esenciais: a captura de carbono dos bosques, o almacenamento de carbono nas árbores e os produtos da madeira, e a substitución de carbono ao proporcionar materia prima como substituto de materiais de alta pegada. Nesa dirección, avanzou que nos próximos días se publicarán 2,6 millóns de euros en axudas para incentivar o uso de madeira na construción privada ao igual que xa está facendo a Xunta nos novos centros de saúde ou bases do dispositivo antiincendios, para colocar a madeira nunha situación estratéxica central e repercutir nunha maior demanda e aumento de prezos para os silvicultores.


Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Etiquetas

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo

Directo Herrera en COPE

Herrera en COPE

Con Carlos Herrera

Escuchar