• Viernes, 19 de abril 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Xunta de Galicia

A Xunta impulsa o coidado do medio ambiente entre o alumnado galego a través do voluntariado

A Xunta impulsa o coidado do medio ambiente entre o alumnado galego a través do voluntariado

Xunta de GaliciaXunta de Galicia

Tiempo de lectura: 1'Actualizado 19:15

O CEIP Plurilingüe Isidro Parga Pondal pon en marcha un proxecto para fomentar entre as nenas e nenos o respecto pola natureza, a reciclaxe e a recollida de lixo

Oleiros (A Coruña), 23 de maio de 2022.– A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel, asistiu esta mañá á presentación do proxecto LimpaIsidro que puxo en marcha o CEIP Plurilingüe Isidro Parga Pondal, centro participante no Voluntariado miúdo: Móvete da Xunta de Galicia, co que se impulsa o coidado do medioambiente, entre outros aspectos. Cristina Pichel aproveitou a visita para coñecer de primeira man as tarefas que realizaron os estudantes do centro como as labores de reciclaxe ou a recollida de lixo. Entre elas, destacan a confección dun banco feito con 100 quilogramos de plástico reciclado polos escolares.A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado puxo en valor o papel do voluntariado e a súa pegada nas idades máis temperás para impulsar valores como a convivencia, a solidariedade, a inclusión e o respecto polo medioambiente. Así, subliñou o compromiso do Goberno galego por continuar apostando polo voluntariado, no que Galicia é unha comunidade referente en España.Así mesmo, Cristina Pichel agradeceu á dirección e aos profesores do CEIP Plurilingüe Isidro Parga Pondal por desenvolver iniciativas coma esta coa que as rapazas e rapaces se poden achegar ao voluntariado e coñecer a súa importancia para a sociedade.


Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.


Etiquetas

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo 2

Directo Mediodía COPE

Mediodía COPE

Pilar García Muñiz

Escuchar
Directo TRECE Al Mediodía

TRECE Al Mediodía

Con Marco Chiazza y Lucía Crespo

Ver TRECE