• Martes, 16 de abril 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Xunta de Galicia

A Xunta e o Goberno central acordan a asignación de 10,7M? de fondos europeos a Galicia para a modernización da Administración da Xustiza

A Xunta e o Goberno central acordan a asignación de 10,7M€ de fondos europeos a Galicia para a modernización da Administración da Xustiza

Xunta de GaliciaXunta de Galicia

Tiempo de lectura: 2'Actualizado 00:05

Na reunión de hoxe da conferencia sectorial entre o Ministerio de Xustiza e as comunidades autónomas aprobouse o reparto de fondos europeos Next Generation para a dixitalización da Administración de Xustiza que o Goberno central se comprometeu a liberar o próximo mes

Normal 0 false false false ES ZH–CN AR–SA Santiago de Compostela, 27 de maio de 2022. O Goberno central aprobou hoxe as asignacións ás comunidades autónomas dos fondos de Xustiza ao abeiro do Mecanismo de Recuperación e Resiliencia dos fondos europeos Next Generation, dos que se destinará a Galicia 10,7 millóns de euros. Así se acordou na conferencia sectorial de Xustiza entre o Ministerio de Xustiza e as comunidades autónomas na que participou a secretaria xeral técnica da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, Elena Muñoz. No encontro, o Ministerio de Xustiza comprometeuse a liberar os fondos no próximo mes de xuño. Os fondos asignaranse para este exercicio de 2022 e o de 2023, polo que antes de finais de 2023 a Xunta terá de prazo para comprometer os proxectos e executalos antes de finais de novembro de 2025. Dos fondos Next Generation que recibirá Galicia neste ámbito, destacan os 4,6 millóns de euros que van destinados á aplicación do Proxecto Cero para mellorar a interoperabilidade dos elementos dixitais comúns. En concreto, investiranse en melloras da infraestrutura tecnolóxica e na posta en marcha de proxectos de ciberseguridade e de textualización para transcribir a texto actuacións gravadas en audio. Ademais, a través do Proxecto 6 de inmediación dixital investiranse máis de 1,2 millóns de euros co obxectivo de levar a cabo iniciativas autonómicas, que no caso de Galicia inclúen avances na gravación de actos procesuais, servizos dixitais para a atención á cidadanía e automatización das solucións dixitais prestadas pola Administración de Xustiza, así como sistemas de xestión do persoal empregado público. Outros 3,4 millóns de euros tamén se investirán na posta en marcha de sistemas de xestión procesal que sexan interoperables no ámbito xudicial e con outros colectivos que se relacionen coa Administración de Xustiza, e entre outras partidas, tamén haberá fondos para a creación dun espazo co que xerar e intercambiar información e datos. A Xunta continúa tamén a avanzar e consolidar a modernización e dixitalización da xustiza galega a través do Plan Senda 21–25. De feito, este ano rematará a dixitalización de tódalas salas de vistas coa implantación de sistemas de videoconferencia en todos os xulgados galegos, que permitirán un funcionamento integramente dixital.


Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.


Etiquetas

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo 3

Tiempo de Juego

Con Paco González, Manolo Lama y Juanma Castaño

Reproducir
Directo Tiempo de Juego

Tiempo de Juego

Con Paco González, Manolo Lama y Juanma Castaño

Escuchar