• Miércoles, 17 de abril 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Xunta de Galicia

A Xunta garante a accesibilidade da poboación á rede de puntos limpos cun investimento de 7,7 M? en 137 proxectos nos últimos 4 anos

A Xunta garante a accesibilidade da poboación á rede de puntos limpos cun investimento de 7,7 M€ en 137 proxectos nos últimos 4 anos

Xunta de GaliciaXunta de Galicia

Tiempo de lectura: 2'Actualizado 01:40

Sagrario Pérez avanza que o Goberno galego traballa para converter estas instalacións en puntos verdes, nos que se poida empregar a intelixencia artificial para coñecer o seu comportamento e as súas necesidades e transformalos nun elo esencial da economía circular


O Goberno galego reserva preto de 19 M? nos orzamentos de 2023 para mellorar a recollida e tratamento de residuos

A Xunta de Galicia garante a accesibilidade da poboación á Rede de puntos limpos cun investimento de 7,7 millóns de euros en 137 proxectos nos últimos catro anos, segundo salientou a directora xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, Sagrario Pérez, na súa comparecencia de hoxe en comisión parlamentaria.Logo de incidir en que na actualidade o 98,6% da poboación galega ten unha boa accesibilidade, a directora xeral reiterou “a enorme importancia” que a Xunta outorga a estas instalacións para evitar que residuos susceptibles de ser reciclados acaben espallados en vertedoiros ou “o que sería aínda peor, abandonados no noso medio natural”. Así, nos últimos anos a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda convocou sucesivas convocatorias de axudas tanto para a construción e mellora de puntos limpos fixos como para a ampliación de novos puntos limpos móbiles. E, de feito, na convocatoria do ano 2022, concedéronse máis de 3,4 millóns de euros a 30 proxectos, dos que 10 tiñan como fin a construción de novas instalacións para o depósito de distintos fluxos de residuos domésticos e os 20 restantes pretenden optimizar as condicións de instalacións xa operativas.Nesa liña, Sagrario Pérez avanzou que o Goberno galego traballa para converter estes espazos para a recollida separada e almacenaxe temporal de residuos municipais que polo seu volume ou perigo deben ser depositados en instalacións específicas en “puntos verdes, nos que, ademais, se poida empregar a intelixencia artificial para coñecer o comportamento e as necesidades dos puntos limpos para transformalos nun elo esencial da economía circular e facilitar a súa evolución cara a centros de reparación e reutilización de residuos”. A maiores, a directora xeral defendeu o compromiso da Xunta, recollido na Lei de residuos e solos contaminados de Galicia, para colaborar coas administracións locais no fomento do uso dos puntos limpos por parte da cidadanía mediante programas de concienciación e campañas divulgativas, entre outras actuacións. Cómpre lembrar tamén que a Xunta reserva preto de 19 M? nos orzamentos de 2023 para mellorar a recollida e tratamento de residuos con actuacións como a construción de puntos limpos, iniciativas de compostaxe da fracción orgánica, o tratamento doutro tipo de refugallos domésticos especiais como aceite ou téxtiles e o desenvolvemento dun plan de apoio á implantación da normativa de residuos.O obxectivo do Goberno galego é colaborar coas entidades locais para avanzar cara á economía circular e no cumprimento dos obxectivos comunitarios de minimización de residuos e fomento da preparación para a súa reutilización e reciclaxe.


Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Etiquetas

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo 2

Directo El Partidazo de COPE

El Partidazo de COPE

Con Juanma Castaño

Escuchar