• Miércoles, 24 de abril 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Xunta de Galicia

A Xunta de Galicia apoia a Efitrans Global Logistics, empresa dedicada ás solucións loxísticas innovadoras

A Xunta de Galicia apoia a Efitrans Global Logistics, empresa dedicada ás solucións loxísticas innovadoras

Xunta de GaliciaXunta de Galicia

Tiempo de lectura: 2'Actualizado 11:05


Contará cun respaldo financeiro de ate 2 millóns de euros para avanzar no seu plan de crecemento e de industrialización

O investimento está vinculado directamente ao inicio da fase de industrialización dos produtos de Efitrans en Galicia

Normal 0 false false false ES ZH–CN AR–SA Santiago de Compostela, 10 de decembro de 2022 A Xunta de Galicia apoiará ao grupo Efitrans Global Logistics –dedicado ao deseño de solucións innovadoras para a función loxística e a eficiencia enerxética– con ata 2M? para avanzar no seu plan de crecemento e industrialización. Efitrans, que participou na primeira edición da aceleradora de automoción Bussines Factory Auto (BFA) e foi galardoada con numerosos premios, foi elixida como unha das 20 mellores startups a nivel mundial polo Grupo Stellantis no ano 2017 e resultou gañadora mundial do premio á innovación por parte da alianza Renault–Nissan–Mitsubishi no ano 2018. A compañía galega comercializa unha nova xeración de remolques para camións co obxectivo de optimizar custos e, ao mesmo tempo, reducir emisións de CO2. Dentro da oferta de produtos de Efitrans, destaca un vehículo polivalente que permite equilibrar os fluxos de transporte de automóbiles, evitando que os camións circulen baleiros e reducindo así custos e emisións de CO2, dado que permite transportar indistintamente tanto vehículos como carga xeral, así coma un vehículo de carga que permite incrementar a capacidade e a versatilidade no transporte de mercadorías, achegando unha tecnoloxía innovadora que permite adaptarse ao tamaño da carga e cargar tanto lateralmente como pola parte traseira.A compañía contará cun respaldo financeiro a través de Sodiga Galicia, xestionada por parte de XesGalicia. Desta forma, o financiamento está vinculado directamente ao inicio da fase de industrialización dos produtos de Efitrans en Galicia, dado que os mesmos viñan sendo elaborados previamente por parte de provedores internacionais. Con esta operación a Xunta segue amosando o seu compromiso co sector da función loxística, impulsado financeiramente tamén mediante liñas de axudas que pretenden impulsar proxectos que permitan reducir custos, prazos de entrega e impacto ambiental, así como mellorar a calidade do servizo a través da automatización e dixitalización dos procesos, a implantación da loxística inversa ou a aposta pola analítica de datos.XesGalicia é o brazo investidor de capital risco da Xunta de Galicia, ofrecendo apoio financeiro mediante capital ou préstamos. XesGalicia inviste a través de 4 vehículos especializados, que contan cun capital total superior aos 200 millóns de euros. Desde hai 50 anos os investimentos de Sodiga Galicia (sociedade xestionada por parte de XesGalicia) diríxense a empresas con alto potencial de crecemento, xestionadas por empresarios de recoñecida solvencia profesional e que teñen relación co desenvolvemento e consolidación da economía e industria de Galicia.


Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Etiquetas

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo

Directo Herrera en COPE

Herrera en COPE

Con Carlos Herrera

Escuchar