• Jueves, 25 de abril 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Xunta de Galicia

A Xunta financia un proxecto de Faxpg para a atención logopédica de menores xordos ou con discapacidade auditiva

A Xunta financia un proxecto de Faxpg para a atención logopédica de menores xordos ou con discapacidade auditiva

Xunta de GaliciaXunta de Galicia

Tiempo de lectura: 2'Actualizado 12:45

Destínanse 12.000 euros a esta iniciativa que tamén contempla o asesoramento ás familias e o impulso de actividades de carácter informativo, de difusión e sensibilización no ámbito educativo

A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Política Social e Xuventude, financia con 12.000? un convenio de colaboración coa Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia (Faxpg) para o desenvolvemento dun servizo de atención logopédica para menores xordos ou con discapacidade auditiva e as súas familias. O acordo permitirá potenciar as habilidades comunicativas en lingua de signos dos menores con discapacidade auditiva e o asesoramento nesta materia aos seus familiares.En concreto, este programa da Faxpg contará con especialistas en logopedia que axudarán aos nenos a interpretar os estímulos nerviosos ou a utilizar as próteses auditivas adecuadamente, ademais de facilitarlles a aprendizaxe da fala usando como ferramenta a lingua de signos. Así mesmo, as familias e os centros educativos recibirán asesoramento en técnicas de comunicación durante todas as etapas do proceso formativo. A través desta iniciativa, tamén se mellorará a coordinación cos servizos de atención temperá, de cara á derivación de casos e á realización dunha intervención conxunta; e se organizarán obradoiros dirixidos aos pais e nais.Con este novo convenio, o Goberno galego subliña o seu compromiso coas persoas xordas e con discapacidade auditiva, e especificamente cun aspecto tan importante para o seu desenvolvemento como a comunicación. Este proxecto consolida o catálogo de servizos da Faxpg con intervencións en ámbitos como o familiar e o educativo, co fin de favorecer a continuación do desenvolvemento do menor.


Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Etiquetas

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo 2

Directo TRECE al día

TRECE al día

Con José Luis Pérez y Lucía Crespo

Ver TRECE