COPE

Xunta de Galicia

A Xunta financia con preto de 2,3 M? os contratos de 22 científicos posdoutorais para abrir liñas de investigación propia en Galicia

A Xunta financia con preto de 2,3 M€ os contratos de 22 científicos posdoutorais para abrir liñas de investigación propia en Galicia

Xunta de GaliciaXunta de Galicia

Tiempo de lectura: 2'Actualizado 21:25

Esta convocatoria, que vén de resolver o Goberno galego, enmárcase na aposta por favorecer a carreira científica e o desenvolvemento dun sistema galego de investigación forte e especializado

Cada un dos beneficiarios recibirá ata un máximo de 49.000 ? ao ano

A Xunta de Galicia destina un total de 2.266.000 ? á financiación dos contratos posdoutorais de 22 científicos para a apertura de novas liñas de investigación e a consolidación da súa carreira investigadora en Galicia.O Diario Oficial de Galicia vén de publicar o listado dos beneficiarios destas axudas posdoutorais de continuidade que cada ano convocan conxuntamente a Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación e a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades co fin de impulsar un sistema galego de investigación forte e especializado. Os contratos que agora se resolven forman parte dos programas de apoio á formación posdoutoral do Goberno galego (modalidade de formación e modalidade de continuidade), que este ano acadan un importe de 9,79 millóns de euros (un 4,22 % de crecemento) e un total de 72 contratos.Os seleccionados (20 nas universidades do Sistema Universitario Galego e no resto de entidades beneficiarias) disporán dun contrato de dous anos de duración e unha axuda complementaria para o establecemento dunha liña de investigación propia (que poden acadar ata os 49.000 ?/ano), co fin de dar continuidade á carreira investigadora destas persoas, posibilitando un perfeccionamento na súa formación e o establecemento dunha liña de investigación propia que lles permita, nun futuro, consolidar a súa traxectoria.O importe das axudas nesta modalidade destinarase a pagamento dos contratos, custos sociais, axuda para a creación dunha liña de investigación propia e complementos a cada entidade beneficiaria por persoa contratada. Entre os gastos considerados elixibles, asociados á creación dunha liña de investigación propia, están a compra de pequeno equipamento inventariable e material funxible ou material bibliográfico, a contratación de persoal investigador ou auxiliar, ou os gastos derivados do uso de ferramentas de xestión do coñecemento e a información, tales como aplicacións informáticas, bases de datos, entre outros. 800x600 Normal 0 21 false false false ES X–NONE X–NONE MicrosoftInternetExplorer4


Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.


Etiquetas

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo 2