• Jueves, 25 de abril 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Xunta de Galicia

A Xunta financia con 60.000? o programa de asesoramento a familias de persoas con TDAH da fundación Ingada

A Xunta financia con 60.000€ o programa de asesoramento a familias de persoas con TDAH da fundación Ingada

Xunta de GaliciaXunta de Galicia

Tiempo de lectura: 2'Actualizado 18:25

A iniciativa ten como finalidade as persoas con este trastorno poidan desenvolver axeitadamente as súas habilidades de aprendizaxe e socialización, así como superar situacións de necesidade e risco social

Santiago de Compostela, 15 de agosto de 2022A Xunta de Galicia colabora coa fundación Ingada cunha achega de 60.000 euros para desenvolver un programa de asesoramento ás familias de persoas con trastorno por déficit de atención e hiperactividade (TDAH). O proxecto ten por obxectivo permitir o desenvolvemento axeitado ds súas funcións educativas, socializadores e tamén superar situacións de necesidade e risco social.As actuacións que se enmarcan dentro do programan versan sobre a orientación das familias para xestionar situacións de crise, a elaboración de pautas de actuación e programas de apoio ás mesmas, así como a derivación de recursos a aqueles casos de persoas con trastornos asociados. Este servizo é proporcionado por un equipo multidisciplinar integrado por profesionais voluntarios da Fundación, formados na rama sociosanitaria e educativa da psicoloxía, eduación social, medicina, terapia ocupacional, orientación e pedagoxía. Deste xeito, o Goberno galego garante unha atención axeitada a estas persoas e as súas familias, de maneira que poidan desenvolverse en ámbitos como o educativo, o social ou o laboral.A Fundación Ingada xorde en 2014 co obxectivo de dar asistencia en Galicia a persoas afectadas por TDAH e trastornos asociados e ás súas familias. Así, este convenio entre a entidade e a Xunta de Galicia certifica o compromiso da Administración autonómica con esta organización e coa importante tarefa que están a desenvolver para os seus usuarios, as súas familias e tamén para toda a sociedade. Normal 0 21 false false false ES JA AR–SA


Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Etiquetas

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo

La Tarde

Pilar Cisneros y Fernando de Haro.

Reproducir
Directo La Tarde

La Tarde

Pilar Cisneros y Fernando de Haro.

Escuchar